Adega denuncia que la Xunta y la patronal de pasta de papel utilizan insecticidas prohibidos en espacios protegidos

DENUNCIA ADEGA

Xunta e a patronal pasteira poderían          fumigar espazos protexidos cun pesticida recentemente          prohibido

10 de          abril de 2012. Hai poucos días sindicatos      agrarios e apicultores/as denunciaron a intención da Xunta e de      ASPAPEL (Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e      Cartón) de fumigar as plantacións de eucalipto contra o gorgullo      cun pesticida nocivo para as abellas. Dase a circunstancia de que      o principio activo deste biocida, o fluxfenuron,      acaba de ser excluído da lista de produtos fitosanitarios      autorizados pola Comisión Europea (decisión        da Comisión de 9 de febreiro de 2012) tras a avaliación dos      seus riscos. O fluxfenuron é persistente, bioacu­mulable e tóxico,      e deixará de comercializarse a partires do 1 de agosto de        2012. No entanto, a Xunta e patronal pasteira pretenden      dar saída aos «stocks» deste veleno con fumigacións masivas nos      eucaliptais galegos denantes de que se faga efectiva a      prohibición.

Un dos      primeiros ensaios pretende facerse este mes no concello de Melide.      Para iso, o concello fixo público un bando polo que os      propietarios interesados se apunten ao tratamento que se realizará      «de xeito totalmente gratuíto». Dende ADEGA preguntámonos: quen      vai pagar entón os custos do tratamento de fumigación das fincas      privadas se non son os seus propietarios?

E engadimos: Melide e os concellos      limítrofes teñen unha importante superficie incluida na Rede        Natura 2000 (LIC do Careón), na que están presentes especies        protexidas de insectos como a bolboreta  Euphydryas aurinia e o escarabello Lucanus        cervus (vacaloura). Estas especies están consideradas de      interese comunitario e incluidas no Anexo II da Directiva de      Hábitats (92/43 CEE), para cuxa conservación os estados membros      deben designar zonas de especial conservación. A maiores,      poboacións da bolboreta Zerynthia rumina, considerada en      perigo de extinción e do coleóptero Cerambyx cerdo      (capricornio das aciñeiras), vulnerábel, poderían verse afectadas      polas fumigacións.

Tivo en conta a Xunta a presenza      destas especies protexidas, ameazadas e en perigo de extinción nas      parcelas fumigadas, incluidas ou próximas aos espazos protexidos?
A fumigación indiscriminada do      fluxfenuron en áreas con presenza destas especies pode supoñer un      grave incumprimento da normativa europea por parte da Xunta, e      constituir un delicto contra o medio ambiente e a biodiversidade,      xa que ademais de afectar ás poboacións de insectos protexidos,      afectaría de xeito indirecto ás aves insectívoras e morcegos. Por      iso, poñeremos en coñecento da Fiscalía Ambiental e da Comisión      Europea estes feitos para depurar as responsabilidades da Xunta      nestas vergoñentas prácticas.

Dende ADEGA rexeitamos        a utilización masiva e sistemática de produtos químicos para      combater as pragas pola súa inefectividade demostrada e      perniciosos efectos colaterais sobre outros organismos (incluidas      as persoas) e o ambiente. O control das pragas debería basearse na      prevención, con actuacións localizadas e facendo uso de      tratamentos baseados no control biolóxico, que xeralmente son      específicos da praga a tratar e non afectan ao resto das especies      do ecosistema

3 comentarios sobre “Adega denuncia que la Xunta y la patronal de pasta de papel utilizan insecticidas prohibidos en espacios protegidos

  1. […] Santiago, 21 de mayo de 2012.-  La Xunta de Galicia no está promoviendo la realización de ningún tipo de “tratamiento aéreo” con el insecticida antiquitinizante denominado Flufenoxuron para el tratamiento del gorgullo del eucalipto (de nombre científico Gonipterus scutellatus). El Gobierno gallego tampoco recibió por lo de ahora ninguna solicitud de particulares para usar este producto fitosanitario en sus plantaciones. […]

    Me gusta

  2. si mueren abejas muere mucho mas vida la naturaleza nos matara a todos gracias a esa gente que solo piensa en el dinero.y no le impota el resto. tambien lo pagaran ellos y sobre todo sus descendientes.

    Me gusta

¿Y tú qué opinas de esto?