DENUNCIA ADEGA
Xunta e a patronal pasteira poderían fumigar espazos protexidos cun pesticida recentemente prohibido
10 de abril de 2012. Hai poucos días sindicatos agrarios e apicultores/as denunciaron a intención da Xunta e de ASPAPEL (Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón) de fumigar as plantacións de eucalipto contra o gorgullo cun pesticida nocivo para as abellas. Dase a circunstancia de que o principio activo deste biocida, o fluxfenuron, acaba de ser excluído da lista de produtos fitosanitarios autorizados pola Comisión Europea (decisión da Comisión de 9 de febreiro de 2012) tras a avaliación dos seus riscos. O fluxfenuron é persistente, bioacumulable e tóxico, e deixará de comercializarse a partires do 1 de agosto de 2012. No entanto, a Xunta e patronal pasteira pretenden dar saída aos «stocks» deste veleno con fumigacións masivas nos eucaliptais galegos denantes de que se faga efectiva a prohibición.Un dos primeiros ensaios pretende facerse este mes no concello de Melide. Para iso, o concello fixo público un bando polo que os propietarios interesados se apunten ao tratamento que se realizará «de xeito totalmente gratuíto». Dende ADEGA preguntámonos: quen vai pagar entón os custos do tratamento de fumigación das fincas privadas se non son os seus propietarios?
E engadimos: Melide e os concellos limítrofes teñen unha importante superficie incluida na Rede Natura 2000 (LIC do Careón), na que están presentes especies protexidas de insectos como a bolboreta Euphydryas aurinia e o escarabello Lucanus cervus (vacaloura). Estas especies están consideradas de interese comunitario e incluidas no Anexo II da Directiva de Hábitats (92/43 CEE), para cuxa conservación os estados membros deben designar zonas de especial conservación. A maiores, poboacións da bolboreta Zerynthia rumina, considerada en perigo de extinción e do coleóptero Cerambyx cerdo (capricornio das aciñeiras), vulnerábel, poderían verse afectadas polas fumigacións.
Dende ADEGA rexeitamos a utilización masiva e sistemática de produtos químicos para combater as pragas pola súa inefectividade demostrada e perniciosos efectos colaterais sobre outros organismos (incluidas as persoas) e o ambiente. O control das pragas debería basearse na prevención, con actuacións localizadas e facendo uso de tratamentos baseados no control biolóxico, que xeralmente son específicos da praga a tratar e non afectan ao resto das especies do ecosistema
[…] Santiago, 21 de mayo de 2012.- La Xunta de Galicia no está promoviendo la realización de ningún tipo de “tratamiento aéreo” con el insecticida antiquitinizante denominado Flufenoxuron para el tratamiento del gorgullo del eucalipto (de nombre científico Gonipterus scutellatus). El Gobierno gallego tampoco recibió por lo de ahora ninguna solicitud de particulares para usar este producto fitosanitario en sus plantaciones. […]
Me gustaMe gusta
el eucalipto no es especie de galicia que los corten y sustitullan por pinos o carballos fuera eucaliptos de españa.
Me gustaMe gusta
si mueren abejas muere mucho mas vida la naturaleza nos matara a todos gracias a esa gente que solo piensa en el dinero.y no le impota el resto. tambien lo pagaran ellos y sobre todo sus descendientes.
Me gustaMe gusta