Adega apoya la Plataforma en defensa de las Fragas del Eume y señala las responsabilidades de la Xunta

FRAGAS DO EUME

ADEGA apoia a Plataforma en defensa das Fragas do Eume e sinala as responsabilidades da Xunta

1 de abril de 2012. A reacción cidadá perante a catástrofe ecolóxica do Eume non se fai esperar: este luns 2 ás 20h constituirase en Pontedeume a Plataforma pola Defensa das Fragas do Eume da que ADEGA fará parte. Trataremos de sensibilizar á opinón pública do valor ecolóxico que aínda conservan as Fragas; demandaremos da Xunta  medidas para remediar no posible os impactos do lume no ecosistema do  Parque e esixiremos unha investigación exaustiva das causas do incendio e as responsabilidades penais e políticas que procedan. ADEGA chama tamén a participar nas diversas concentracións de protesta por esta  catástrofe que se están a preparar nas principais vilas e cidades  galegas. É unha traxedia para o País, que a cidadanía non pode esquecer  nen perdoar!

Independentemente das causas do lume nas Fragas, claramente intencionado, ADEGA cre preciso promover unha  reflexión que trascenda a coxuntura particular deste incendio. Cómpre  analisar as causas de fondo, tando das políticas de loita contra o lume e de xestión dos nosos montes como das de conservación, e non esquecermos esixir responsabilidades aos que as deseñaron e executaron.

Encol da política forestal, a cidadanía merece que a administración resposte a estas cuestións chaves:
-Quen recurtou en 20 millóns de € os orzamentos para prevención e 2 millóns de € para extinción?
-Quen promove unha Lei de Montes que  reduce as faixas de protección, o tempo para aproveitar os terreos  queimados e permite masas monoespecíficas (eucaliptos, por exemplo) de  máis de 50 ha continuas?
-Quen reduciu significativamente  e precarizou os operativos de loita contra o lume, eliminou o Voluntariado do Monte,  suspendeu as BIIF (Brigadas de Investigación dos Incendios   Forestais), desactivou as UXFOR e abríu a porta á especulación do monte  coas  SOFOR?

E a respeito das políticas de  conservación, cómpre tamén reflexionar sobre a actual situación dos  nosos espazos protexidos, abandoados á súa sorte, sen investimentos nen  iniciativas (PORN, PRUX) que garantan a conservación do patrimonio natural que atesouran. E non  só iso: a Xunta levou a cabo unha estratexia de demolición controlada  destes espazos, através das modificacións da Lei do Solo, do POL, do PDA, que rematou finalmente cun Plano Director da Rede Natura para permitir nas zonas de maior valor ambiental, piscifatorías, incineradoras, caza, rallys, recualificar solo rústico…

Todas estas iniciativas son  responsabilidade da actual Xunta e non son alleas á catástrofe que agora sofren as Fragas do Eume. Non é isto tan delictivo como a actuación dos pirómanos que lle puxeron lume?

Un comentario sobre “Adega apoya la Plataforma en defensa de las Fragas del Eume y señala las responsabilidades de la Xunta

¿Y tú qué opinas de esto?