Pladesemapesga denuncia el presunto «chantaje de los eres de los armadores para recibir ayudas públicas»

«CHANTAJE ARMADORES»

Pladesemapesga oponse á chantaxe de eres dos armadores para recibir axudas públicas

 

A plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia, esta estudando presentar  alegacións ao Ministerio ante a esixencia de que a frota pesqueira de Galicia realice ERE,s co único fín de percibir axudas

 

Tras  estudar o proxecto de Orde Ministerial para compensar aos afectados polo rexeitamento do acordo marroquí, berce do que se abeciña por todo o litoral español

 

O Presidente de Pladesemapesga, Miguel Delgado González, asegurou hoxe que a Plataforma esta estudando  presentar alegacións ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente “ante a esixencia de que os armadores galegos presenten Expedientes de Regulación de Emprego para percibir as axudas tras o rexeitamento das prórrogas dos acordos pesqueiros en diferentes caladoiros”, algo, que, segundo a Plataforma, “pode ocasionar problemas, á frota de Galicia, unha das maiores do Mundo”.

 

 

Miguel Delgado fixo estas declaracións tras a resposta dos diferentes prexudicados do sector tras analizar o proxecto de Orde que presentou o Ministerio para a concesión de axudas a tripulantes e armadores afectados polo rexeitamento das prórrogas.

 

Neste sentido, explicou que o pasado día 14 de decembro, data na que finalizou a prórroga de acordo con Marrocos, propiciado por presións dos asentamentos de Sahara, sobre a expresidenta en Bruxelas da Comisión de Pesca, Carmen Fraga  e que tiña solicitada a paralización inmediata da actividade,  “polo que a frota de cerco tampouco podía faenar no caldeiro nacional e non poderá facelo até o día 2 de febreiro”, apuntou.

 

Esta situación provocou que a frota de cerco de Galicia, retornase ás costas do Cantábrico, co malestar do cerco e pesca artesanal que xa estaba a faenar nestes caladoiros do litoral .

 

Pola súa banda, tanto o presidente da Federación de Confrarías de Pescadores, Benito González, como Rosa Quintana, Conselleira de Medio Rural e Mar,  coincidiron en dar a calada por resposta na defensa  da nosa frota  e a necesidade de axilizar as negociacións en Bruxelas para lograr un novo acordo pesqueiro, algo que a titular do Mar, esixía con inistencia con Zapatero no poder, non fai moitos días.

 

 

Outro dos requisitos que establece o proxecto de Orde do Ministerio está relacionado co VMS. Os Estados membros utilizarán un sistema de detección de buques que lles permita cotejar as posicións derivadas das imaxes captadas por teledetección, enviadas á terra por satélites ou outros sistemas equivalentes, cos datos recibidos a través do sistema de localización de buques ou do sistema de identificación automática, a fin de determinar a presenza de buques de pesca nunha zona concreta, o sistema de localización da frota que o Ministerio ten instalado nos barcos que van faenar a algúns caladoiros, entre eles a Marrocos e todo o litoral do Cantábrico; un dispositivo que, segundo esta Orde, ten que estar aceso desde o primeiro día de parada da frota para poder percibir as axudas; “algo que a frota descoñecía até agora e que haberá que aclarar de face á percepción destas axudas”, asegurou Miguel Delgado.

¿Y tú qué opinas de esto?