Acusaciones de utilización partidista de la Federación Gallega de Municipios y Provincias (Fegamp)

Os populares lémbranlle ao ex alcalde de Ames que ata os seus veciños o apartaron do poder pola súa nefasta xestión política, polo que xa non está lexitimado para representar a ningún alcalde

O PPdeG pide a Carlos Fernández que non empregue a Fegamp para facerlle a campaña a Rubalcaba

• A maior parte dos concellos xa recibiron o ingreso da axuda no fogar da dependencia e, o resto das axudas que inclúe o Plan Concertado, xa está en tramitación

• Este ano a Xunta deu un paso máis na súa iniciativa de axilizar estes pagamentos e creou unha aplicación informática para facilitar aos concellos a tramitación destas axudas

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2011.- O Partido Popular de Galicia lamentou hoxe que o presidente da susodita institución, Carlos Fernández, a utilice para facerlle a campaña a Rubalcaba e aos socialistas mentres actúa de oposición á Xunta de Galicia.

Para os populares, é lamentable que Carlos Fernández, cuxo cargo na Fegamp é puramente provisional, posto que xa non é alcalde de ningún concello e, polo tanto, non representa aos rexedores de Galicia, empregue un organismo público con fins puramente electoralistas.

Con respecto ao tema da aplicación do Plan Concertado que o socialista critica, o PPdeG salienta que o Goberno galego axilizou os prazos de tramitación no pagamento das axudas de dito programa para o presente exercicio, e lembra que nos últimos anos, ao longo de 2007, 2008 e 2009, os concellos recibiron o total do pagamento sobre o mes de decembro e incluso en xaneiro.

Segundo os populares galegos, na actualidade, a maior parte dos concellos xa recibiron o ingreso do pagamento da subvención correspondente á axuda no fogar da dependencia e o resto das axudas que inclúe o denominado Plan Concertado, xa está en tramitación.

Así mesmo, destacan que este ano o Goberno galego deu un paso máis na súa iniciativa de axilizar estes pagamentos e creou unha aplicación informática para facilitar aos concellos a tramitación destas axudas, xa que é preciso salientar que a Xunta non pode comezar a enviar as resolucións das axudas, ata que os concellos presentan toda a documentación completa e de xeito correcto.

Polo tanto, o inicio das notificacións non dependen unicamente da Administración autonómica porque, sobre a documentación inicial presentada polas corporacións locais, é preciso realizar as necesarias tarefas de emenda, depuración e aclaración a través dos correspondentes requirimentos.

En definitiva, este ano os concellos empezaron a recibir o pagamento do Plan Concertado, o correspondente á axuda no fogar para persoas dependentes entre finais de agosto e principios de setembro e, a data de hoxe, máis do 70% dos concellos xa recibiron o pagamento ou farano as vindeiras semanas.

O PPdeG pide a Carlos Fernández un pouco de lealdade institucional con respecto ao Goberno galego, como presidente dunha institución pública non partidista; e máis aínda tendo en conta que os seus veciños o apartaron do poder en Ames, polo que a súa lexitimidade para representar aos alcaldes de Galicia é moi limitada.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s