ALUMNOS EN LA NUBE
El conselleiro de Educación felicita al CRA de Boqueixón-Vedra por su exitosa participación con el proyecto «Computación en la Nube» en el Premio Internacional de Educared
O conselleiro de Educación felicita ao CRA de Boqueixón-Vedra pola súa exitosa participación co proxecto “Computacion na Nube” no Premio Internacional de Educared
- O colexio rural agrupado acadou o cuarto posto nun certame no que participaron 4.000 proxectos de 29 países – El colegio rural agrupado logró el cuarto puesto en un certamen en el que participaron 4.000 proyectos de 29 países
- Xesús Vázquez Abad destacou a importancia desta iniciativa de comunidade virtual para combater a dispersión no ensino no rural -Xesús Vázquez Abad destacó la importancia de esta iniciativa de comunidad virtual en combatir la dispersión de la enseñanza rural
- Este proxecto foi un dos tres seleccionados a nivel mundial na convocatoria ‘Cloud computing and Education’ financiada por Hewlett- Packard Labs (HP Labs) -Este proyecto fue uno de los tres seleccionados a nivel mundial en la convocatoria ‘Cloud computing and Education’, financiada por Hewlett-Packard Labs (HP Labs)
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, felicitou hoxe aos membros da comunidade escolar do Colexio Rural Agrupado (CRA) Boqueixón-Vedra (A Coruña) pola súa exitosa participación no Premio Internacional de Educared, co proxecto “Computación na Nube”. Non en balde, este centro vén de acadar o cuarto posto neste certame, despois de ser elixido entre os 200 finalistas que pasaron á última fase do premio, ao que inicialmente se presentaron 4.000 proxectos de 29 países.
Durante a súa visita á escola unitaria de San Xiao de Sales –unha das 7 que conforman o CRA-, onde foi recibido pola directora, Yolanda Neira, Vázquez Abad destacou a importancia desta iniciativa de comunidade virtual combater a dispersión poboacional do rural. “Grazas á tecnoloxía cloud afrontamos esa dispersión favorecendo a actividade do profesorado”, sinalou.
“Computación na Nube” é un proxecto piloto, ao que a Consellería contribuíu dotando ao CRA de equipamento informático para desenvolvelo, o que supuxo un investimento de 10.000 euros. Unha acción desenvolvida polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) sobre as posibilidades da computación cloud (na nube) aplicada e adaptada ás necesidades das escolas rurais, e que foi unha das tres seleccionadas a nivel mundial na convocatoria ‘Cloud computing and Education’ financiada por Hewlett- Packard Labs (HP Labs).
Grazas a isto os membros da comunidade educativa deste centro viaxaron o pasado mes de marzo a Nova Delhi para participar na reunión mundial dos proxectos impulsados por HP, onde representantes da India, China, EEUU, Kenya e Reino Unido amosaron o seu interese polo proxecto galego.
O conselleiro aproveitou ademais para felicitar ao CRA polas iniciativas de fomento da lectura que se están a desenvolver na biblioteca escolar, que forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, no marco do cal leva recibido un apoio de case 21.000 euros por parte da Consellería.
Comunidade virtual
O proxecto de Cloud Computing está a funcionar nas 7 escolas que compoñen o CRA, beneficiando aos seus 90 alumnas e alumnos, dos que 21 pertencen ao centro que hoxe visitou o conselleiro. Así, profesores e nenos poden comunicarse entre si, e traballar e facer actividades escolares de forma conxunta sen ter que desprazarse, a través da rede. Para iso contan coa tecnoloxía cloud, en nube, que permite acceder a unha serie de servizos informáticos e responder ás necesidades do usuario de forma flexible e personalizada, a través de internet e sen necesidade da axuda de expertos informáticos.
Cunha solución de software libre e código aberto os usuarios traballan nunha plataforma sinxela que é axeitada tanto para o profesorado como para os estudantes e as súas familias, grazas á que non é necesario contar cos recursos e programas instalados en cada ordenador, senón que se pode contar cos materiais didácticos e recursos de aula nun espazo común, dispoñible dende calquera ordenador ou incluso móbil, conectado a Internet, para todos os membros da comunidade educativa. Deste xeito, todo o material para o traballo colaborativo está en rede, a disposición de quen necesite empregalo, polo que non son necesarios emails, nin memorias usb, nin a instalación de software en cada ordenador.
