Los populares gallegos recomiendan a Rubalcaba que no lleve a Blanco en sus listas por las acusaciones de Dorribo

Foto: batiburrillo.redliberal.com

NOTA DE PRENSA DEL PPdeG SOBRE LA OPERACIÓN CAMPEÓN

Os populares galegos vense obrigados a recomendar a Rubalcaba que reconsidere a súa intención de levar a José Blanco de cabeza de lista ao Congreso

Los populares gallegos recomiendan a Rubalcaba que reconsidere su intención de llevar a José Blanco de cabeza de lista al Congreso

O PPdeG pide a Blanco que non desvíe a atención dos seus encontros de gasolinera atacando á Xunta

El PPdeG pide a Blanco que no desvíe la atención de sus encuentros en la gasolinera atacando a la xunta

• Esixe ao ministro de Fomento que aclare qué lle ofreceu Jorge Dorribo a cambio das súas xestións para lograr que o empresario obtivera axudas públicas – Exige al ministro de Fomento que aclare que le ofreció Jorge Dorribo a cambio de sus gestiones para lograr que el empresario obtuviera ayudas públicas.

• O PPdeG non se precipitará na súa valoración dos indicios coñecidos ata a data, como si faría o propio Blanco, pero tampouco vai consentir que a defensa do número 2 do PSOE se base en atacar ao Goberno galego ou ao seu presidente- El PPdeG no se precipitará en su valoración de los indicios conocidos hasta la fecha, como sí haría el propio Blanco, pero tampoco va a consentir que la defensa del número 2 del PSOE se base en atacar al gobierno gallego o a su presidente.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2011.- O PPdeG pide ao ministro de Fomento, José Blanco, que non ataque ao Goberno galego para tratar de desviar a atención do encontro secreto mantido nunha gasolinera cun empresario que o acusa de ter cobrado 400.000 euros a cambio de xestións do ministro para que este obtivese axudas públicas.

Os populares consideran que Blanco debe centrar as súas intervencións públicas en aclarar por qué quedou co empresario nun lugar tan sorprendente, qué lle pediu Jorge Dorribo e a qué se comprometeu. Ademais, cren que debe abandonar o seu intento de culpar a outros das súas imprudencias e dos seus erros.

O PPdeG recorda que as persoas ás que a xuíza tomou declaración por parte do Igape neste asunto foron apartadas das súas responsabilidades en menos de 24 horas, mentres que o ministro leva 72 sen comparecer, polo menos en España, para explicar ou ben por qué percibiu un soborno de 400.000 euros, ou ben por qué un empresario o acusa de facelo.

O PPdeG respeta a mesma presunción de inocencia que o ministro está empeñado en pisotear cando os periódicos abren as portadas con cargos do PP e non do PSOE.

Por iso o que urxe é unha aclaración inmediata por parte de Blanco. Neste momento, no que as sospeitas sobre o ministro enturbian a imaxe da clase política, fan falla máis declaracións e menos excusas.

Que Blanco recoñeza que viaxa no seu coche oficial a gasolineras para entrevistarse con empresarios e asuma que estas persoas lle pidan intercesión para conseguir diñeiro de todos xa é suficientemente grave. E máis aínda o é que a cambio desas xestións o ministro puidese recibir pagamentos ou ben directamente ou ben a través da empresa privada do seu primo.

O PPdeG non se precipitará na súa valoración dos indicios coñecidos ata a data, como si faría o propio Blanco, pero tampouco vai consentir que a defensa do número 2 do PSOE se base en atacar ao Goberno galego ou ao seu presidente.

Con estas circunstancias, o PPdeG vese obrigado a recomendar a Alfredo Pérez Rubalcaba que reconsidere a súa intención de levar a Blanco de cabeza de lista ao Congreso, posto que nestes momentos sería outorgar o papel de actor principal de campaña a unha persoa cuxas actuacións están moito máis que en entredito.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s