Feijóo suscribe las palabras de Rajoy en Pontevedra de ejercer el máximo control presupuestario en las administraciones públicas para capear la crisis

O presidente do PPdeG asegura que a mellor forma de demostrar a utilidade das administracións públicas é gobernalas ben

Feijóo avanza que se apoiará nas catro deputacións coa fin de buscar sinerxias, prestar máis e mellores servizos e facelo a menor custe

• Afirma, nunha reunión en Pontevedra con Rajoy e cos presidentes de Deputacións, Cabildos e Consells do PP que é preciso que a política mire cara os cidadáns que viven máis aló das cidades e poñan a vista nos pequenos concellos

• Apunta que a única diferenza entre un socialista que está a favor das deputacións e un que non o está é se a nómina está firmada por unha deputación ou non

• Critica a linguaxe socialista, que chama mercados ao que foi unha nefasta política económica; banqueiros á política financeira a golpe de bandazo; ou deputacións ao que foi unha enorme derrota electoral nas eleccións municipais. Todo, menos admitir o erro e calquera cousa antes de corrixilo

Pontevedra, 18 de xullo 2011. O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe en Pontevedra que se apoiará nas catro deputacións coa fin de buscar sinerxias, prestar máis e mellores servizos e facelo a menor custe.

Así se expresaba o líder do PPdeG no acto celebrado en Pontevedra co presidente do PP, Mariano Rajoy, e os presidentes de Deputacións, Cabildos e Consells gobernados polos populares, onde fixo fincapé en que a mellor maneira de amosar e demostrar a utilidade das administracións públicas é gobernándoas ben.

Segundo Feijóo, gobernar ben é o obxectivo e obriga que os populares asumen en todas as administracións nas que teñen responsabilidades e así o deben facer desde as deputacións. Con respecto a isto, o popular apostou por que as deputacións poidan chegar sempre onde aqueles concellos pequenos non alcancen a chegar e sexan valedores dos cidadáns dos medianos e pequenos concellos.

MIRAR CARA OS PEQUENOS CONCELLOS
Para o líder do PPdeG, indicou que é preciso que a política mire cara os cidadáns que viven máis aló das cidades e poña a vista nos pequenos concellos e abordou a necesidade de que se leven a cabo debates serios sobre cómo mellorar o funcionamento das administracións; pero sen caer na frivolidade ou no simplismo.

Para Feijóo, a mellor medida de austeridade é que as deputacións coordinen os aforros nas administracións e considera que unha deputación ben xestionada pode, non só aforrar, senón facilitar e provocar aforros, promovendo servizos compartidos e mancomunados entre os concellos.

Segundo o dirixente popular, é necesario mellorar as administracións desde a coordinación entre cidades, deputacións, Comunidades e o Goberno central e buscar sinerxias.

Así mesmo, subliñou que o que falla hoxe en día non é a estrutura do Estado senón o liderazgo do Estado e, por tanto, neste momento, non procede falar de eliminar institucións senón de gobernalas mellor. Como exemplo, apuntou que a solución non está en eliminar o Goberno de España, senón en cambialo, e esa receta é aplicable dentro de todas as institucións públicas.

Por outra banda, o líder do PPdeG criticou a linguaxe socialista, que chama mercados ao que foi unha nefasta política económica; banqueiros á política financeira a golpe de bandazo; especuladores a un derroche improductivo das arcas públicas e ao déficit; crise ao que foi unha pésima xestión da mesma; e deputacións ao que foi unha enorme derrota electoral nas eleccións municipais. Todo, menos admitir o erro e calquera cousa antes de corrixilo.

Nesta liña, tamén apuntou que a única diferenza entre un socialista que está a favor das deputacións e un que non o está é se a nómina está firmada por unha deputación ou non.

Do mesmo xeito, Feijóo asegurou que o PP non vai deixar só a ningún cidadán, viva onde viva, e co acto de hoxe pretende lanzar a mensaxe de que non están sós e os populares están comprometidos con eles, posto que o PP está liderado por un presidente que sabe qué son as pequenas aldeas de Galicia, porque as viviu e porque tamén as xestionou.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s