El PPdeG acusa a los socialistas gallegos de subirse sus retribuciones en los ayuntamientos de Castroverde, Muros y Vilaboa pese a que hablan de austeridad

Os populares galegos consideran que o partido dos Audis e das reformas suntuosas nos despachos non están autorizados para dar lección se menos de austeridade

O PPdeG pon en dúbida o concepto de austeridade do PSOE e recoméndalle comezar a aplicala nas súas filas

• Sinala que en concellos como Castroverde, os socialistas aumentaron as súas retribucións (alcalde, concelleiros e asesores) nun 40% e case nun 20% en Muros. Así mesmo, en Vilaboa fixérono nin máis nin menos que nun 110%

• No que atinxe ás grandes cidades, os populares contrastan as retribucións do concello de Ferrol, que suman 426.000 euros, coas do concello de Lugo, onde case se multiplicaron por tres

• Por outra parte, destaca as considerables reducións totais dos salarios dos gobernos populares en concellos como Curtis, onde a baixada foi dun 50%; en Quiroga, 86%; en Verín, 53%; en Cotobade, 52%; en Moaña, 69,44% e en Cangas, 45,62%

Santiago de Compostela, 15 de xullo 2011. O Partido Popular de Galicia pon en dúbida o concepto de austeridade do PSOE e replícalles aos socialistas que antes de criticar, con datos alleos á realidade, a segundo eles “falsa austeridade” do PP á hora de reducir as retribucións dos gobernos locais, boten antes unha ollada aos concellos que eles mesmos gobernan.

Os populares indican, polo tanto, que en concellos como Castroverde, os socialistas aumentaron as súas retribucións (alcalde, concelleiros e asesores) nun 40% e case nun 20% en Muros. Así mesmo, en Vilaboa fixérono nin máis nin menos que nun 110%.

Do mesmo xeito, o PPdeG tamén apunta os casos do Barco de Valdeorras, onde as retribucións totais ascenden a máis de 83.500 euros tratándose dun concello de menos de 15.000 habitantes e fan fincapé tamén no de Castro Caldelas (1.500 habitantes aproximadamente), onde o equipo de goberno socialista percibe máis de 52.000 euros.

No que atinxe ás grandes cidades, os populares contrastan as retribucións do concello de Ferrol, que suman 426.000 euros, coas do concello de Lugo, onde case se multiplicaron por tres. Ademais, nas cidades da Coruña e Santiago tamén se levaron a cabo importantes baixadas.

Por outra banda, o PPdeG destaca as considerables reducións totais dos salarios dos gobernos populares en concellos como Cuntis, onde a baixada foi dun 50%; en Quiroga, 86%; en Verín, 53%; en Cotobade, 52%; en Moaña, 69,44% e en Cangas, 45,62%.

Nesta liña, tamén destacan a baixada de máis do 20% efectuada polos populares en concellos como Vilagarcía de Arousa, Redondela, Marín e Boiro.

Polo tanto, os populares galegos recomendan aos socialistas que, no que a austeridade se refire, procuren tomar exemplo do comportamento do PP nos concellos, xa que están demostrando actuar con máis sentido común e responsabilidade que os socialistas.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s