La manifestación en contra de las jaulas de salmón en la ría de Muros y Noia reúne a cientos de personas

Foto: Ramsés Pérez, ADEGA
 
 
 
5 de xuño de 2011, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. 
Manifesto COAS NOSAS RÍAS, NON SE XOGA!
A instalación de gaiolas para o cultivo do salmón na ría de Muros e Noia representa outro episodio na confrontación entre dous modelos de obtención de alimentos. Por unha banda, o da pesca de baixura, o marisqueo e os cultivos mariños que aproveita os recursos propios e depende do bo estado das rías. Por outra, o modelo da acuicultura industrial intensiva que fabrica peixes en cadea e deixa graves danos nos ecosistemas acuáticos.

A pesca artesanal e o marisqueo baséanse en aproveitar a grande riqueza biolóxica das rías; xeran máis emprego e deixan máis valor engadido nas comunidades locais. A piscicultura industrial, tanto na terra como no mar, busca xerar grandes cantidades de peixe barato mediante a concentración, a alimentación forzada e o uso masivo de antibióticos e produtos químicos, cunha ridícula creación de emprego. Tampouco contribúe a evitar a sobrepesca porque os pensos de salmóns e rodaballos fanse con fariña de peixes esquilmados polas frotas industriais de todos os mares do mundo.

As organizacións asinantes estámonos mobilizando a prol do desenvolvemento sustentábel da pesca e da acuicultura, en defensa das nosas rías e dos que nelas traballan. Queremos lanzar á sociedade unha mensaxe de alarma pero tamén de responsabilidade sobre o estado do mar e das rías. De alarma porque os ecosistemas mariños están seriamente ameazados pola irresponsabilidade e a cobiza de quen só ve neles unha fonte ilimitada de recursos para explotar ou unha cañeira na que botar todo tipo de refugallos, sen reparar nas consecuencias.

A pesca artesanal, tradicionalmente sustentábel e respectuosa cos recursos do mar, esmorece, mentres se impoñen políticas pesqueiras orientadas á grande industria extractiva que especula co dereito á alimentación dos pobos. Aos mariñeiros só se lles permite escoller entre o desmantelamento das estruturas pesqueiras artesanais para, como propón a UE, poñerse a pescar plásticos ou os empregos en precario da piscicultura industrial, que lles rouba a capacidade de produciren alimentos e contamina o seu medio de vida.

Esiximos da administración a retirada dos proxectos de acuicultura intensiva do salmón na ría de Muros e Noia. Demandamos o apoio decidido dun modelo extractivo sustentábel, baseado na pesca artesanal, no marisqueo e nos cultivos mariños de bivalvos, e centrado na conservación dos ecosistemas.

Denunciamos o recente acordo do Consello da Xunta de declarar de interese público prioritario a acuicultura en Galicia, sen facer distinción entre os cultivos mariños sostíbeis de bivalvos e a piscicultura intensiva de peixes carnívoros. Este acordo fraudulento vai permitir a instalación nos terreos protexidos pola Rede Natura de macropiscifactorías de peixe, e vai facilitar os trámites lexislativos, relaxando os criterios ambientais e dificultando a participación cidadá na súa avaliación. En contra do que poida parecer, esta declaración de interese público da acuicultura, supón un desprezo á acuicultura sostíbel de bivalvos, que sufrirá a contaminación dos residuos fecais, antibióticos, químicos, etc. e que terá que competir polos espazos no mar coas gaiolas de peixes carnívoros, e en terra con grandes instalacións industriais.

Reclamamos a elaboración urxente dun plano estratéxico contra a contaminación mariña con obxectivos concretos, temporalizados e orzamentados que procure a eliminación dos focos de contaminación puntual e difusa no litoral así como a minimización do risco por verteduras accidentais e mareas negras. É preciso tamén garantir a responsabilidade civil ilimitada para as actividades industriais que potencialmente poidan causar danos ao medio mariño.

Reivindicamos a ampliación das áreas mariñas protexidas, refuxio e sementeira de biodiversidade, que permitan manter unha actividade extractiva sustentábel e garantir o futuro das comunidades que viven do mar. O tesouro das nosas rías, fonte de vida, sustento e identidade do noso país ten que preservarse para as xeracións vindeiras. É a nosa responsabilidade e o noso compromiso.

COAS NOSAS RÍAS NON SE XOGA

CONSERVAR AS RÍAS E O LITORAL, GARANTÍA DE FUTURO

Muros, 5 xuño de 2011

Coordenadora en defensa da Ría de Muros e Noia, integrada por máis de 40 organizacións

Co apioo de: FEG (Federación Ecoloxista Galega, con18 organizacións), as Plataformas de Quilmas, Camelle e Arou, a confraría de Camelle, a asociación Monte Pindo Parque Natural, a Plataforma pola defensa do Xallas, o Comité Cidadán de Emenxencia da ría de Ferrol, a PDRA (Plataforma en Defensa da Ría de Arousa), Ortigueira Sostible, a APDR (Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra), a CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), Bouzas Móvete, Salva la Selva e Galiza Non se Vende, integrada por 60 colectivos.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s