Los grupos ecologistas Adega y Erva critican la decisión del gobierno gallego de permitir batidas de jabalíes en su época de cría y en espacios de la Red Natura 2000

ADEGA E ERVA CRITICAN A DECISIÓN DE MEDIO RURAL DE PERMITIR BATIDAS AO XABARÍN EN ÉPOCA DE CRÍA E EN ESPAZOS DA REDE NATURA 2000

Los grupos ecologistas Adega y Erva critican la decisión del gobierno gallego de permitir batidas de jabalíes en su época de cría y en espacios de la Red Natura 2000

3 de maio de 2011. Os grupos ecoloxistas ERVA e ADEGA queren denunciar ante a opinión pública a regresión en materia de política de xestión e conservación da fauna que supón, en primeiro lugar, a negativa da Xunta a compensar os danos do porco bravo e, en segundo lugar, o impulso da celebración de batidas para controlar a poboación desta especie en época de cría e mesmo dentro de zonas protexidas.

A política de facto de non pagar as compensacións, cuxos expedientes están paralisados desde finais do ano pasado, está en relación co recorte do gasto público no contexto da crise que padecemos. Esta actitude revela a política regresiva do goberno autonómico en materia de conservación. O intento morno da Xunta de derivar a responsabilidade eNotade conómica dos danos aos TECOR finalmente concretouse, por electoralismo, na renuncia de Medio Rural a implicar ás sociedades cinexéticas, nas que residiría unha parte da responsabilidade como así ven recollido na Lei de Caza.

É chamativo que se sigan inspeccionando danos aos cultivos por parte da gardería de conservación, se no existen fondos públicos para pagalos. Algúns expedientes levan sen pagar dous anos, coa única intención e de acalar aos afectados e evitar protestas antes das eleccións. Tal é o xeito de conducirse do actual director xeral de conservación que antepón as cuestión partidistas á verdadeira solución dos problemas existentes vencellados á actividade cinexética.

Como consecuencia, a única actuación que lle resta a Medio Rural é a aplicación das excepcionalidades contempladas na Lei de Caza. Estas excepcións son norma na xestión do porco bravo dende 2009, e acandan maior gravedade neste ano. A celebración sistemática de batidas en época de cría das especies salvaxes non teñen xustificación debido á falla de información demográfica rigorosa sobre as poboacións de xabarín.

Estas batidas, nas que se irrompe no monte con cans, teñen unha incidencia negativa sobre a fauna cinexética e non cinexética, ao posibilitar que se malogren as crías das distintas especies de mamíferos e aves que comparten o habitat co porco bravo. Especies de aves de presa como a tartaraña cincenta, a gatafornela (ambas as dúuas ameazadas) ou a avenoiteira, outras aves como a perdiz e mamíferos como a lebre, o coello ou o lobo vense afectadas por esta irrupción en plena época de crecimento das crías. Nen sequera se contempla que as prácticas cinexéticas autorizadas nesta época sexan modalidades máis selectivas (tipo esperas nocturnas) e non xeralistas (ganchos e monterías).

As batidas nesta época, ao coincidir coas estacións de máximo risco de incendios e derivarse boa parte do persoal á realización de labores de extinción poden contribuir ademais a fomentar o furtivismo, xa que non hai sificiente persoal para controlar os milleiros de batidas que poden organizar.

A aplicación desta manga ancha coas batidas, cobra maior gravidade nos espazos protexidos da Rede Natura 2000 ou cando para o caso, revísase a condición de terrenos vedados criados precisamente criar refuxios de fauna e garantir a persistencia das poboacións.

Por estas razóns, ERVA e ADEGA reclamaos da Xunta que, denantes de seguir autorizando batidas en época de cría, clarifique o modelo de pagamento dos danos do xabarín, ben através da responsabilización dos TECOR ou ben por medio dos orzamentos públicos da Xunta. Apostamos pola aplicación dunha política integral e transversal de xestión do xabarín do medio rural, diversificando as política forestal, agraria e gandeira para mellorar a sustentabilidade e harmonizar as políticas produtivas coa conservación da natureza. As solucións deben ser consensuadas por todas as partes e non como se está a facer na actualidade: o borrador da nova Lei de Caza contén importantes medidas que están a ser negociadas e consensuadas co lobby da escopeta.

3 comentarios sobre “Los grupos ecologistas Adega y Erva critican la decisión del gobierno gallego de permitir batidas de jabalíes en su época de cría y en espacios de la Red Natura 2000

  1. Soy la cazadora que aparece en la foto que ilustra vuestro artículo. Con qué derecho hacéis uso de la misma? Nunca he cazado ni cazaré en época de cría, mis compañeros tampoco. Me niego en rotundo a ello. No es de justicia que nuestra imagen se utilice de este modo. Siento que los ganaderos y agricultores reciban palos por todos los lados, sobre todo de quien dice defenderlos sin tener ni idea y comodamente desde el sofá de su casa. No y mil veces no, estoy harta de las opiniones que surgen del desconocimiento. No cazaré en época de cría, yo amo lo que cazo (esto va para el que lo entienda) y amo el campo, si hay demasiados jabalíes la culpa no es nuestra… y lo sabéis y lo saben. No voy a convertirme en la que lleve a cabo la eutanasia. ¡Qué sociedad más enferma e hipócrita!
    Ah! Soy cazadora y ecologista real (para quien lo entienda también). Mª Ángeles Marcos Alonso.

    Me gusta

    1. De parte del equipo de Asturgalicia:
      Respondiendo a tu pregunta sobre la foto, esa instantánea nos llegó al mismo tiempo que una nota de prensa de la asociación ecologista Adega, en la que denunciaban la decisión del gobierno gallego de permitir batidas de jabalíes en época de cría. Por esa razón la incluímos, porque complementaba gráficamente la denuncia. Pero si existe un problema de copyright con esa foto, nuestras disculpas y ahora mismo la retiramos.

      Me gusta

  2. A responsabilidade compartida esixe que sexa a administración quen cubra os danos, na maior parte. En menor parte os agricultores, os cazadores, e os grupos ecoloxistas. Posto que estes últimos non queren que se maten xabaríns. Nin moitos nin poucos, ningúns.
    Parachesvos a falar cos cazadores de maior a ver que opinan?
    Se queredes digobolo eu. Cazar nesta época é unha barbaridade.É unha minoría arredor das directivas dos TECOR os que participan por medo a enfrontamentos cos agricultores. A administración lavase as mans, os agricultores fastidianse, e os grupos ecoloxistas carecedes de valor para afrontar técnicamente o problema e tiradesvos a o eslogan politico.
    Somos moitos os que quereríamos ir xuntos minimizar o problema, pero nin vos, nin a administración, nin as sociedades de caza tendes valor para afrontar nin a verdade nin as solucións. Os agricultores, cansos de tanto esmerilado, acabarán afrontando o problema como eles saben, con veneno, lume e lazos.
    Realmente sodes/somos todos uns cobardes.
    Nota: A foto que empregades corresponde a unha cacería feita en Galicia en tempada de caza e baixo os cupos de captura aprobados. Eles son cazadores, non como os que se prestan a matar nais nodrizas nesta época que non son mais que carniceiros.

    Me gusta

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s