Mañán mércores 27 de abril ás 12h na sala circular do Auditorio de Galiza en Compostela, ADEGA apresentará os PROGRAMAS DE COMPOSTAXE COMUNITARIA nos concellos de Santiago de Compostela, Cambre, Fene e San Sadurniño.
Trátase dun paso máis na xestión dos refugallos orgánicos nas áreas urbanas, desta volta por parte de comunidades veciñais e barrios, e que complementa á compostaxe caseira nas áreas rurais.
Estes programas supoñen unha aposta decidida pola redución, a compostaxe e a corresponsabilización da cidadanía na xestión dos refugallos, fronte á incineración e o despilfarro de recursos do modelo SOGAMA que a actual Xunta teima en defender.
No acto intervirán:
-María R. Lafuente, vogal de residuos de ADEGA e coordenadora dos programas de compostaxe.
-Virxinia Rodríguez, Presidenta de ADEGA.