Defende a «revolución» duns mozos que queren decidir sobre o seu futuro e rematar, dunha vez por todas, coas tiranías de poder
Novas Xeracións de Galicia amosa o seu apoio ás revoltas populares dos mozos árabes a prol da democracia
• Bríndalle a súa solidariedade, como fixo no seu día coa poboación saharaui ante os actos de violencia do Goberno de Marrocos
• A organización político-xuvenil máis numerosa de Galicia condena a actuación dos rexímenes autoritarios que remataron coa vida de ducias de mozos nas manifestacións celebradas en África
Santiago, 21 de febreiro de 2011.- Novas Xeracións de Galicia quere trasladar o seu apoio á «Rebelión dos Mozos» que se está a producir nos distintos países de Oriente Medio nunha loita por acadar un futuro mellor, por rematar coas tiranías de poder e instaurar, dunha vez por todas, a democracia neste paises.
Ó igual que fixo no seu momento cos actos de violencia do Goberno de Marrocos sobre a poboación saharaui, ó que amosou a súa solidariedade e apoio, a organización político-xuvenil máis numerosa de Galicia condena a actuación dos rexímenes autoritarios que remataron coa vida de ducias de mozos nas manifestacións contra as dictaduras do Norte de África.
NNXX quere destacar, ademáis, o importante papel que están a desenvolver as redes sociais neste proceso de liberación africano, ó converterse no lugar de encontro e de debate dos mozos e mozas de tódolo países do mundo, que animan ós afectados a tomar parte nas revoltas sociais e pacíficas.
[…] Portos de Galicia inicia las reparaciones de los daños ocasionados por el temporal Quirin Nuevas Generaciones de Galicia muestra su apoyo a las revueltas populares de los jóvenes á… Denidos dos jóvenes en Oviedo como presuntos autores de tres robos con violencia en el parque […]
Me gustaMe gusta