El gobierno gallego aprueba mediante decreto el Plan de Ordenación del Litoral

El Consejo de Gobierno gallego da la aprobación definitiva mediante decreto a las directrices del territorio y al plan del litoral, que cuentan con el informe favorable de la Administración central

GALICIA XA DISPÓN DUNHAS REGRAS DE XOGO DEFINIDAS PARA A XESTIÓN TERRITORIAL SUSTENTABLE COA APROBACIÓN DEFINITIVA DAS DIRECTRICES DO TERRITORIO E DO PLAN DO LITORAL, QUE CONTAN CO INFORME FAVORABLE DA ADMINISTRACIÓN CENTRAL

 A entrada en vigor de ambos os dous documentos producirase coa súa publicación nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial do Estado (BOE) no caso das Directrices, e no DOG no caso do Plan do Litoral
 O desenvolvemento sustentable é unha prioridade estratéxica de acción de goberno da Xunta de Galicia, xa que o territorio é a base sobre a cal se debe sustentar o crecemento equilibrado da nosa economía e a nosa calidade de vida
 As DOT amosan un modelo territorial para toda Galicia no cal, ademais do ámbito urbano e as infraestruturas, o medio rural ten o protagonismo que merece, como soporte e oportunidade para os distintos usos e actividades e como sinal de identidade de Galicia
 O modelo recollido nas Directrices de Ordenación do Territorio será desenvolvido a través dos restantes instrumentos de ordenación do territorio e de urbanismo
 O POL protexe, ordena e mellora o 100% da superficie litoral ademais de establecer os criterios principais e as normas xerais de aplicación que definen un escenario de maior garantía xurídica de cara a un desenvolvemento sustentable do litoral
 O POL dita as pautas para facer correctamente os desenvolvementos posibles cunha análise moito máis global, nunca antes feita en Galicia
 O documento coloca a nosa Comunidade á vangarda europea en ordenación do territorio, sendo o plan do litoral máis extenso do Arco Atlántico: ordena e protexe máis de 215.000 hectáreas e identifica 441 unidades de paisaxe
 Hai que destacar que o POL establece cautelas sobre 727 ámbitos, que supoñen 9.625 hectáreas. Destes, 467 atópanse na liña dos 500 metros

Santiago, 10 de febreiro de 2011.- O Consello de Goberno da Xunta de Galicia aprobou hoxe de forma definitiva e mediante decreto os primeiros instrumentos de ordenación territorial con que conta a comunidade galega: as Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) e o Plan de Ordenación do Litoral (POL).

Trátase de dous documentos fundamentais para acadar unha xestión sustentable do territorio, xa que dotan Galicia por primeira vez das regras de xogo para que tanto as administracións locais como a autonómica, así como os propios cidadáns poidan coñecer o estado do territorio e como levar a cabo as posibles actuacións.

A entrada en vigor de ambos os dous documentos producirase coa súa publicación nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE) no caso das Directrices, e no DOG no caso do Plan do Litoral.

Esta aprobación definitiva ten lugar logo da chegada dos informes favorables do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño tanto ás Directrices de Ordenación do Territorio como ao Plan de Ordenación do Litoral.

O desenvolvemento sustentable é unha prioridade estratéxica de acción de goberno da Xunta de Galicia, xa que o territorio é a base sobre a cal se debe sustentar o crecemento equilibrado da nosa economía e a nosa calidade de vida.

No escenario macroeconómico en que nos atopamos, e sendo conscientes desta complexa situación, a Xunta de Galicia aposta por xestionar o territorio con máis eficiencia para acadar o triplo obxectivo de maior calidade de vida, valorización dos recursos e competitividade. A Xunta entende que non basta con protexer prohibindo con carácter xeral, senón que se debe xestionar o territorio para ordenalo e melloralo.

Directrices de Ordenación
As DOT constitúen o primeiro instrumento de ordenación territorial que establece as regras para a implantación dos usos e actividades (servizos, dotacións, actividades produtivas, entre outras) en coherencia coas necesidades sociais, económicas, culturais e ambientais.

Co ánimo de acadar un punto de encontro no pacto polo territorio, estas directrices foron elaboradas a partir dos traballos dos gobernos anteriores. Co paso dado hoxe no Consello de Goberno da Xunta, péchase un proceso que comezou no ano 1995 coa aprobación no Parlamento da Lei de Ordenación do Territorio de Galicia.

O traballo de confección das directrices partiu do coñecemento real do territorio galego coa dispersión como característica principal, aspecto que fai necesario un exercicio de coordinación para poder conxugar as 315 vontades municipais coas diferentes políticas sectoriais.

Así, as DOT amosan un modelo territorial para toda Galicia no cal, ademais do ámbito urbano e as infraestruturas, o medio rural ten o protagonismo que merece, como soporte e oportunidade para os distintos usos e actividades e como sinal de identidade de Galicia.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s