CULTURA E TURISMO E A FUNDACIÓN VALLE-INCLÁN PRESENTAN O PROXECTO DE DOCUMENTAL ‘ROMANCE DE LOBOS EN TERRAS DE AROUSA’ NO 75 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DO ESCRITOR GALEGO
Cultura y Turismo y la Fundación Valle-Inclán presentan el proyecto del documental ‘Romance de Lobos en tierras de Arosa’, para conmemorar el 75 aniversario del fallecimiento del escritor gallego
- O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos asegurou na presentación do proxecto que “contar con autores da súa envergadura constitúe unha vía de acceso potentísima para ocupar o noso espazo como sociedade”.
Vilanova de Arousa (Pontevedra), 8 de febreiro de 2011.- O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos participou na Casa Museo de Valle-Inclán en Vilanova de Arousa na presentación do proxecto de documental ‘Romance de lobos en terras de Arousa’. O documental, que conmemora o 75 aniversario do pasamento do escritor arousán, conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a través do convenio asinado coa Fundación Valle-Inclán.
O acto de presentación contou coa participación do Vicepresidente da Deputación e da Fundación Valle-Inclán José Juan Duran, o produtor do documental ‘Romance de lobos en terras de Arousa’, Xoán Xosé Mariño e o escritor e familiar de Valle-Inclán, Javier del Valle-Inclán Alsina. O director xeral do Libro asegurou na súa intervención que “contar con autores da envergadura de Valle, constitúe unha vía de acceso potentísima para ocupar o noso espazo como sociedade”.
Respecto á temática do proxecto fílmico lembrou que “os nosos pazos, o noso mar, a terra que pisamos como pobo e á que acoden as peregrinacións de Europa está presente en Romance de lobos, nas Comedias bárbaras, en todo o ciclo carlista e en canto texto saíu da man dos grandes escritores e escritoras paisanos nosos”. Francisco López enxalzou a obra de Valle-Inclán destacando “a expresión, a comunicación e a enerxía da palabra, onde se decanta o noso ollar e a nosa esencia colectiva”.
Segundo o director xeral do Libro, “os tempos traen incerteza en todas as ordes (recursos económicos en transformación, sistemas de comunicación, novos soportes, canles de comercialización que abandonaron o terreo,…) pero tamén a confianza en que a expresión de Galicia segue adiante coa inercia de milenios”. “Temos un soporte perfecto para atravesar as turbulencias e saír reforzados, e nesa confianza, temos que seguir traballando”, engadiu.
[…] en Camanzos Gijón ha sido elegida sede del Día Internacional de las Mujeres en 2011 La Xunta y la Fundación Valle-Inclán conmemoran el 75 aniversario de la muerte del cé… Microsoft participa en el Día Mundial de Internet Seguro para proteger a los menores en la red […]
Me gustaMe gusta