La Xunta y la Fundación Valle-Inclán conmemoran el 75 aniversario de la muerte del célebre escritor con el documental ‘Romance de lobos’

CULTURA E TURISMO E A FUNDACIÓN VALLE-INCLÁN PRESENTAN O PROXECTO DE DOCUMENTAL ‘ROMANCE DE LOBOS EN TERRAS DE AROUSA’ NO 75 ANIVERSARIO DO PASAMENTO DO ESCRITOR GALEGO

 Cultura y Turismo y la Fundación Valle-Inclán presentan el proyecto del documental ‘Romance de Lobos en tierras de Arosa’, para conmemorar el 75 aniversario del fallecimiento del escritor gallego

  • O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos asegurou na presentación do proxecto que “contar con autores da súa envergadura constitúe unha vía de acceso potentísima para ocupar o noso espazo como sociedade”.

 

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 8 de febreiro de 2011.- O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos participou na Casa Museo de Valle-Inclán en Vilanova de Arousa na presentación do proxecto de documental ‘Romance de lobos en terras de Arousa’. O documental, que conmemora o 75 aniversario do pasamento do escritor arousán, conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a través do convenio asinado coa Fundación Valle-Inclán.

 

O acto de presentación contou coa participación do Vicepresidente da Deputación e da Fundación Valle-Inclán José Juan Duran, o  produtor do documental ‘Romance de lobos en terras de Arousa’, Xoán Xosé Mariño e o escritor e familiar de Valle-Inclán, Javier del Valle-Inclán Alsina. O director xeral do Libro asegurou na súa intervención que “contar con autores da envergadura de Valle, constitúe unha vía de acceso potentísima para ocupar o noso espazo como sociedade”.

 

Respecto á temática do proxecto fílmico lembrou que “os nosos pazos, o noso mar, a terra que pisamos como pobo e á que acoden as peregrinacións de Europa está presente en Romance de lobos, nas Comedias bárbaras, en todo o ciclo carlista e en canto texto saíu da man dos grandes escritores e escritoras paisanos nosos”. Francisco López enxalzou a obra de Valle-Inclán destacando “a expresión, a comunicación e a enerxía da palabra, onde se decanta o noso ollar e a nosa esencia colectiva”.

 

Segundo o director xeral do Libro, “os tempos traen incerteza en todas as ordes (recursos económicos en transformación, sistemas de comunicación, novos soportes, canles de comercialización que abandonaron o terreo,…)  pero tamén a confianza en que a expresión de Galicia segue adiante coa inercia de milenios”. “Temos un soporte perfecto para atravesar as turbulencias e saír reforzados, e nesa confianza, temos que seguir traballando”, engadiu.

 

Anuncios

Un comentario sobre “La Xunta y la Fundación Valle-Inclán conmemoran el 75 aniversario de la muerte del célebre escritor con el documental ‘Romance de lobos’

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s