Más de la mitad de los opositores de la Xunta pendientes de tomar posesión de su plaza ya trabajan en la administración regional y de ellos un buen número ocuparán su plaza en marzo

MÁIS DA METADE DOS OPOSITORES PENDENTES DE TOMAR POSESIÓN DA SÚA PRAZA XA TRABALLAN NA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

 Boa parte dos que quedan por tomar posesión farano xa no mes de marzo
 Neste momento non existe ningún opositor que cumpra os requisitos legais para poder acceder á súa praza antes
 O Goberno bipartito non comezou a celebrar ningún proceso nun ano, posto que non nomearon ningún tribunal
 En marzo terán destino das súa prazas os 1.600 do maior concurso de traslados de funcionarios da historia, co que non haberá ningún funcionario da Administración Xeral en destino provisional

Santiago, 4 de febreiro de 2011- Máis da metade dos opositores que neste momento están pendentes de tomar posesión da súa praza, un total de 435, xa están traballando na Administración autonómica, posto que aspiraron a un proceso selectivo de promoción interna.

Ademais, boa parte dos que quedan por tomar posesión farano no vindeiro mes de marzo, logo de que rematen varios procesos que aínda están en curso, o que imposibilita que o poidan facer neste momento.

A Dirección Xeral de Función Pública, dependente da Consellería de Facenda, non pode outorgar as prazas aos opositores ata que rematan os procesos selectivos e cumpren os requisitos legais para tomar posesión.

A Oferta de Emprego Público (OEP) foi aprobada no 2008 polo Goberno bipartito, pero tivo que ser o actual o que desenvolvese estes procesos, xa que o anterior executivo non comezou a celebrar ningún nun ano, posto que non nomearon ningún tribunal.

Desta maneira, o Goberno galego está a actuar con dilixencia e con regularidade, xa que todos os meses están tomando posesión das súas prazas tanto novos funcionarios como persoal laboral.

Por outra banda, o Goberno galego está a piques de concluír o maior concurso de traslados de funcionarios da historia de Galicia, con 1.600 prazas, e os beneficiarios das mesmas tomarán posesión en marzo. Desta maneira, o vindeiro mes non haberá ningún funcionario da Administración Xeral en destino provisional.

3 comentarios sobre “Más de la mitad de los opositores de la Xunta pendientes de tomar posesión de su plaza ya trabajan en la administración regional y de ellos un buen número ocuparán su plaza en marzo

  1. […] Autor:https://asturgalicia.wordpress.com/2011/02/04/mas-de-la-mitad-de-los-opositores-de-la-xuntas-pendient… Tagged with: administración • buen • ellos • marzo • más • mitad • número • ocuparán • opositores • pendientes • plaza • Posesión • Regional… • tomar • trabajan • Xuntas  Puedes promocionar tu articulo desde aquí […]

    Me gusta

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s