La Xunta reitera al gobierno central que no retirará los recursos judiciales en contra del decreto del carbón

A XUNTA TRASLADA AO GOBERNO CENTRAL A SÚA FIRME DEFENSA DOS INTERESES DE GALICIA EN CONTRA DOS NEGATIVOS EFECTOS DO DECRETO DO CARBÓN

• O conselleiro de Economía e Industria remite unha nova carta ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio na que afirma que non se van retirar os recursos xudiciais presentados contra a aplicación da norma
• O responsable autonómico traslada ao Goberno Central a posibilidade de elaborar unha nova orde de redución de programas de produción “máis xusta e solidaria” que non prexudique ás centrais térmicas de As Pontes e Cerceda
• Javier Guerra reitera na carta a necesidade da presencia da Xunta de Galicia na comisión de seguimento encargada de evaluar o impacto da aplicación del real decreto en Galicia e reclama unha “maior cota de enerxías renovables no horizonte 2010 para compensar a baixada da actividade das nosas centrais térmicas”

Santiago, 27 de xaneiro de 2011.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, trasladou ao Goberno Central a firme postura da Xunta en defensa dos intereses de Galicia fronte aos negativos efectos da posible entrada en vigor do coñecido como real decreto do carbón no tecido enerxético e produtivo de Galicia.

Javier Guerra adiantou en rolda de prensa que o seu departamento vén de enviar unha nova carta ao ministro de Industria, Turismo e Comercio do Goberno Central na que reitera a intención da Xunta de “non retirar os recursos presentados ante distintas instancias xudiciais contra a aplicación do real decreto, porque a súa posta en marcha implicará un gravísimo impacto tanto no emprego como sobre o tecido industrial da nosa comunidade e das comarcas mineiras”.

O conselleiro de Economía e Industria, que insistiu en que Galicia non está en contra do desenvolvemento da minería do carbón nacional noutros puntos de España, avanzou tamén que na carta remitida ao Goberno Central, “con ánimo de ser construtivos e proactivos, e a pesares das constantes mostras de deslealdade institucional por parte do Ministerio de Industria derivadas do feito de que non se quere escoitar a Galicia, a Xunta mostra a súa dispoñibilidade para atopar unha solución”.

O responsable autonómico avanzou que a carta remitida ao Goberno Central recolle a proposta de elaboración dunha nova orde de redución dos programas de produción “máis solidaria e xusta”, que permita dar cabida ao 15% de produción con carbón nacional repartindo de xeito proporcional a conseguinte retirada entre todas as tecnoloxías de réxime ordinario que operan no mercado diario da electricidade, “que son todas menos as renovables”, explicou o conselleiro.

Deste xeito, apuntou Javier Guerra, evitaríase o grave perxuízo que a actual orde de redución dos programas de produción ten sobre “as nosas centrais térmicas das Pontes e Cerceda e ciclos combinados, que tal e como están as cousas na actualidade terían que ser as primeiras en deixar de producir para dar cabida no sistema ao carbón nacional”.

Asemade, o conselleiro de Economía e Industria reitera na carta enviada ao ministro a necesidade da presencia da Xunta de Galicia na comisión de seguimento encargada de evaluar o impacto da aplicación del real decreto en Galicia, “e da que fomos excluídos sen ningún tipo de explicación”, ademais de reclamar unha “maior cota de enerxías renovables no horizonte 2010 para compensar a baixada da actividade das nosas centrais térmicas”.

Javier Guerra lembrou na súa comparecencia que “Galicia non foi escoitada aínda polo Goberno Central polas graves consecuencias do real decreto na nosa Comunidade Autónoma e, sen embargo, está tratando de enfrontar a uns territorios con outros, cando Galicia xa dixo en moitas ocasións que non está en contra do desenvolvemento da minería de carbón nacional e o único que fai e defender os seus intereses e os dos seus traballadores, porque os galegos non entenderían o contrario”.

O conselleiro apuntou que a entrada en vigor do real decreto “non só afectaría ás centrais térmicas e aos ciclos combinados galegos, senón que tamén tería un efecto negativo sobre as empresas auxiliares, os transportistas, a planta de Reganosa, os portos de Ferrol e A Coruña, e sobre as arcas públicas dos concellos e da propia Xunta de Galicia”.

Un comentario sobre “La Xunta reitera al gobierno central que no retirará los recursos judiciales en contra del decreto del carbón

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s