El primer tramo de la autovía Pontevedra-Vilagarcía se adjudica por 13 millones de euros

O conselleiro sinala que se vén de adxudicar o primeiro treito da Autovía Pontevedra- Vilagarcía por máis de 13 millóns de euros

HERNÁNDEZ ANUNCIA QUE ESTE ANO ESTARÁ REMATADO O PROXECTO PARA A MELLORA DA ESTRADA PONTEVEDRA- BAIÓN (PO-531), QUE SUPORÁ UN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 10 MILLÓNS DE EUROS

 Agustín Hernández destaca que os traballos de construción do primeiro tramo da Autovía Pontevedra- Vilagarcía comezarán no segundo trimestre deste ano
 O Goberno galego destina un orzamento total de máis de 39 millóns de euros para a execución do enlace de Curro
 No macronudo estase a executar a segunda fase dos desvíos necesarios para continuar cos traballos de drenaxe, movemento de terras na zona este das obras e construción de estruturas
 O remate do enlace de Curro está previsto para mediados de 2012

Barro (Pontevedra), 24 de xaneiro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciou que este ano estará rematado o proxecto para a mellora da estrada Pontevedra- Baión (PO-531), que a súa execución implicará un investimento de 10 millóns de euros. Na súa visita ás obras do enlace de Curro destacou que Medio Ambiente vén de adxudicar as obras de construción do primeiro tramo (Enlace de Curro- Enlace de Costa) da Autovía Pontevedra- Vilagarcía á UTE FCC- COVSA por un importe de 13,2 millóns de euros. As obras de construción deste primeiro treito comezarán no segundo trimestre deste ano. No acto tamén estiveron presentes o alcalde de Meis, José Luís Pérez; de Portas, Roberto Vázquez; de Barro, José Antonio Landín; o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

Coa adxudicación deste primeiro tramo avánzase na execución da autovía AG-47 entre as localidades pontevedresas de Curro e Baión, de 8 quilómetros , na que a Xunta de Galicia ten previsto investir preto de 80 millóns de euros, incluíndo as expropiacións e os servizos afectados, dos que 15,2 millóns de euros corresponde a tramo 1 e 64,5 millóns de euros ao tramo 2.

O primeiro tramo, de 2 quilómetros de lonxitude, xa adxudicado, iníciase na conexión co enlace de Curro (na actualidade en construción) e remate no enlace de Costa, que conectará a autovía coa estrada PO-9407. É dicir, esta nova infraestrutura discorre paralela á estrada Pontevedra- Baión (PO-531) a unha distancia variable de entre 200 e 700 metros.

Segundo tramo (Costa- Baión)
En canto ao segundo treito, a Xunta de Galicia está a redactar o proxecto construtivo logo de someter a información pública complementaria o trazado que enlaza A Costa coa localidade pontevedresa de Baión, co obxectivo de adaptar o trazado para reducir a afección ás canteiras.

As obras de desmantelamento da canteira están moi avanzadas, téndose retirado xa as instalacións mecánicas. Estanse a compatibilizar os traballos de execución do enlace de Curro co desmantelamento da canteira.

A autovía contará con 4 carrís de 3,5 metros, ademais dunha mediana de 2 metros, así como dúas beiravías exteriores de 2,50 metros e interiores dun metro.

O desenvolvemento dos dous tramos que compoñen esta autovía implicará mellorar a comunicación dos concellos da Comarca do Salnés, completar a estruturación e articulación da rede de infraestruturas de transporte en Galicia e as condicións de accesibilidade e da mobilidade das persoas.

Enlace de Curro
Esta infraestrutura, que conta cun orzamento de máis de 39 millóns de euros, ten dous enlaces, un a varios niveis que vai conectar a autoestrada AP-9, a Autovía do Salnés (AG-41) e as futuras autovías Pontevedra – Vilagarcía (AG-47) e Pontevedra – Vigo (A-57) e un segundo enlace de menores dimensións para mellorar a intersección entre a PO-531 (Pontevedra -Vilagarcía) e a parroquia de Curro.

Na actualidade, no macronudo estase a executar a segunda fase dos desvíos necesarios para continuar cos traballos de drenaxe, movemento de terras na zona este das obras e construción de estruturas.

A lonxitude dos eixos principais da infraestrutura ascende a preto de 4,7 km e a dos ramais de conexión é de 10,5 km. Cómpre sinalar que existen tres niveis neste enlace:

 Nivel 1: Continuidade da Autovía do Salnés AG-41 coa Autoestrada AP-9 integramente en autovía, o que mellora a solución anterior.

 Nivel 2: Glorieta de 180 metros de diámetro que conecta: a antiga estrada PO-531 que serve aos polígonos, a estrada PO-531 en dirección Vilagarcía de Arousa (onde sae a PO-300 en dirección Cambados) e os 8 ramais que conectan aos troncos principais (niveis 1 e 3).

 Nivel 3: Continuidade da estrada PO-531 dirección Pontevedra coa futura Autovía a Vilagarcía de Arousa AG-47.

Para desenvolver este enlace será necesario construír un viaduto en eixos principais; dous en ramais de conexión e enlace, 5 pasos inferiores e 3 pasos superiores. Así mesmo levaranse a cabo 22 obras de drenaxe e bermas dun metros. O vial terá unha lonxitude de máis de 4,6 quilómetros no eixo principal e 10,5 en ramais de conexión e enlace. O remate desta complexa actuación está previsto a mediados de 2012.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s