El Ejecutivo gallego financiará el mantenimiento de medio centenar de escuelas infantiles de iniciativa social

A XUNTA FINANCIARÁ O MANTEMENTO DE AO REDOR DE MEDIO CENTENAR DE ESCOLAS INFANTÍS DE INICIATIVA SOCIAL

 A Consellería de Traballo e Benestar destinará este ano máis de 3,3 millóns de euros a estas subvencións
 A orde saíu publicada no DOG o pasado luns polo que as entidades interesadas terán de prazo ata o próximo día 24 de febreiro para presentar as súas solicitudes
 A Xunta anticipará ata o 50% do capital concedido aos beneficiarios destas axudas
 A Consellería ten previsto poñer en funcionamento preto de 1.000 novas prazas en arredor de 25 escolas infantís durante 2011

Santiago, 29 de xaneiro de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar vén de abrir o prazo de solicitude para orde das axudas para o mantemento de escolas infantís de cero a tres anos vinculadas a centros de iniciativa social para a súa convocatoria en 2011, á que o Goberno galego destinará 3.342.024 euros. As entidades interesadas terán de prazo ata o próximo 24 de febreiro para tramitar a súa petición, unha vez que a orde saíu publicada no Diario Oficial de Galicia esta semana.

A Xunta anticipará ata o 50 por cento do capital asignado aos beneficiarios destas subvencións, que están destinadas a financiar os gastos de persoal, alimentación e outros de carácter xerais derivados do mantemento dos centros.

Un total de 54 escolas infantís, que superaban as 3.000 prazas para nenos e nenas de cero a tres anos, beneficiáronse en 2010 das axudas concedidas pola Administración galega a fin de contribuír ao seu mantemento e a previsión é que este ano o número de beneficiarios sexa similar.

A axuda ao mantemento dos centros dependentes de entidades de iniciativa social ten unha importante relevancia porque fomenta a oferta de prazas nas mesmas condicións que as escolas públicas.

Estas subvencións poderán pedilas todas as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que estean inscritas no Rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais e teñan en funcionamento unha escola infantil de cero a tres anos que desenvolva a súa actividade na comunidade galega.

Mil novas prazas nunhas 25 escolas infantís en 2011
O Executivo autonómico ten entre os seus principais obxectivos a ampliación da oferta das escolas infantís de cero a tres anos dado que constitúen unha ferramenta básica para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal.

Por elo, a Xunta ten apostado pola mellora cuantitativa e cualitativa da rede galega de escolas infantís. Precisamente, a Consellería de Traballo e Benestar prevé poñer en funcionamento ao longo do vindeiro ano 2011 preto de 1.000 novas prazas en arredor de 25 escolas infantís.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s