La Xunta ejecutará nuevos proyectos culturales en colaboración con la Fundación Carlos Casares

La Consellería de Cultura y Turismo y la Fundación Carlos Casares se coordinan para futuros proyectos conjuntos
CULTURA E TURISMO E A FUNDACIÓN CARLOS CASARES AVANZAN NA COORDINACIÓN DE FUTUROS PROXECTOS CULTURAIS

 O conselleiro de Cultura e Turismo e a presidenta da Fundación Carlos Casares analizaron posibles liñas de colaboración entre ambas entidades durante unha visita á Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago, 27 de xaneiro de 2011.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela e a presidenta da Fundación Carlos Casares, Kristina Berg avanzaron esta tarde nas posibilidades de colaboración en futuros proxectos culturais no transcurso dunha visita á Cidade da Cultura de Galicia. Nesta reunión de traballo na que estivo presente o coordinador do Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega, Hakan Casares Berg, estableceuse como obxectivo común dinamizar e pór en valor o legado literario do escritor ourensán e, por ende, a cultura galega.

Este encontro enmárcase na liña de colaboración continua establecida nos últimos anos entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Carlos Casares. Deste xeito, a Consellería de Cultura e Turismo asinou en 2010 un convenio por 50.000 euros para o apoio das actividades desenvolvidas pola Fundación Carlos Casares. Estas actividades, especialmente os Encontros, adoitan conservar a personalidade aberta e dialogante de Carlos Casares, que deixounos un importantísimo legado literario, cultural e humano, pero tamén unha inesquecible facilidade integradora, unha especial disposición para favorecer debates intensos e produtivos entre representantes dos puntos de vista máis opostos, sen fuxir dos temas máis difíciles e controvertidos.

Doutra banda cómpre sinalar a importancia dos fondos bibliográficos e documentais da Fundación Carlos Casares, legado único e singular do patrimonio cultural galego. A través da Fundación Cidade da Cultura de Galicia asinouse tamén en 2010 un convenio de 9.000 euros para a catalogación e dixitalización deste legado que permitirá a súa conservación e posta a disposición do público e dos investigadores a través da Biblioteca de Galicia.

A Fundación Carlos Casares desempeña unha intensa actividade que a colocou nun papel relevante no mundo da cultura galega actual. Destacan especialmente os Encontros de Mondariz Balneario, os Diálogos Literarios de Mariñán, organización de cursos, seminarios e debates. Os encontros de Mondariz-Balnearios son unha actividade concibida para analizar e debater sobre os temas de actualidade e interese global. Nela participan como convidados figuras de recoñecido prestixio internacional xunto a unha representación de intelectuais galegos procedentes de diversos campos do coñecemento e variada dedicación profesional. Os encontros desenvólvense mediante relatorios seguidos do coloquio en sesións matutina e vespertinas, e a celebración dunha conferencia pública.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s