La Xunta admite que las elevadas provisiones de NovaCaixaGalicia la hacen incumplir los requisitos mínimos de capital y culpa de ello a los “bandazos” que da el Gobierno central

FERNÁNDEZ CURRÁS ASEGURA QUE NOVACAIXAGALICIA CUMPRIRÍA AS NOVAS ESIXENCIAS SE O GOBERNO NO LLE OBRIGASE HAI UNS MESES A ADIANTAR PROVISIÓNS

La conselleira de Hacienda culpa al Gobierno central de obligar a la nueva caja gallega a adelantar provisiones hace meses con sus exigencias

 A consellería de Facenda explica que recibindo o FROB e non adiantando estes saneamentos a caixa galega alcanzaría a ratio esixido polo Executivo
 Salienta que Novacaixagalicia non ten nin tivo ningún risco de insolvencia e cre boa noticia que teña unha exposición ao negocio inmobiliario menor que a media
 Reitera que as caixas non son as culpables dos problemas de credibilidade de España, senón os cambios constantes de rumbo do Executivo central

Santiago, 26 de xaneiro de 2011.- A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, asegurou hoxe que Novacaixagalicia cumpriría as novas esixencias de solvencia formuladas polo Executivo central se o Banco de España non lle obrigase hai uns meses a adiantar provisións, nunha política de prudencia e transparencia mediante unhas maiores sobredotacións que non acometeu a banca.

En declaracións aos medios tras visitar o Instituto Galego de Estatística (IGE), Fernández Currás explicou que a caixa galega, en caso de recibir o FROB e non adiantar estes saneamentos, estaría xa en disposición de cumprir os novos ratios anunciados polo Executivo central.

A titular de Facenda explicou que o marco xeral segue a ser a LORCA, con todas as súas posibilidades abertas, pero criticou os bandazos do Goberno central. Así, indicou que hai uns meses as provisións de cara ao futuro no concepto de perda esperada, era unha garantía de solvencia.

Sen embargo, engadiu que agora se cambiou a folla de ruta, cunha novas esixencias. “A caixa ao adiantar provisións sacrificou a cifra de capital, se a folla de ruta fose outra, tería reforzado o capital da maneira que fixeron outras entidades financeiras”, sinalou.

Por outra banda, salientou que Novacaixagalicia fixo pública a súa exposición ao sector inmobiliario, e esta está por debaixo da media, xa que 16 entidades están peor e 10 mellor, cunha composición moi importante do risco inmobiliario que é minorista e unha porcentaxe de morosidade moi baixa.

“Creo que as noticias son boas e que este proxecto non ten nin tivo no seu momento ningún risco de insolvencia. Agora hai un cambio de rumbo, un bandazo, un requeriminto mínimo de capital que non é esixido a ninguén do noso entorno e supón adiantar o calendario de Basilea do ano 2019”, razoou.

Contactos contantes
Marta Fernández Currás tamén confirmou que o seu departamento mantén contactos constantes cos dirixentes da caixa galega e cos responsables do Banco de España e que se mantén expectante ata coñecer o contido do real decreto lei anunciado polo Goberno central para coñecer especificamente cales son as esixencias e as solucións.

En calquera caso, concluíu que, a pesar de que España está tendo problemas de credibilidade, non son as caixas de aforros precisamente as culpables, senón que o que non axuda son estes cambios constantes de rumbo do Executivo central.

Un comentario sobre “La Xunta admite que las elevadas provisiones de NovaCaixaGalicia la hacen incumplir los requisitos mínimos de capital y culpa de ello a los “bandazos” que da el Gobierno central

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s