A Xunta seguirá dando pulo ás actividades e iniciativas que leve a cabo o propio Centro, o seu hospital, e o resto de entidades galegas na Arxentina
La Fundación Galicia-Salud inicia su proceso de extinción, por decisión de su patronato
A FUNDACIÓN GALICIA-SAÚDE INICIA O SEU PROCESO DE EXTINCIÓN, POR DECISIÓN DO SEU PADROADO
- O actual Goberno galego vai apoiar a iniciativa do Centro de asumir de forma autónoma a xestión integral do hospital dependente do mesmo, sempre mantendo o compromiso de apoio a esta centenaria institución
- A xestión do bipartito orixinou unha difícil situación económica no hospital dependente do ‘Centro Gallego’ de Bos Aires
Santiago, 16 de xaneiro de 2011.- O Padroado da Fundación Galicia Saúde vén de decidir dar comezo ao proceso de extinción, nunha decisión avalada polos seus membros, e que dá resposta a unha vella aspiración do ‘Centro Gallego’ de Bos Aires (CGBA).
A Xunta seguirá dando pulo ás actividades e iniciativas que leve a cabo o propio Centro, o seu hospital, e o resto de entidades galegas na Arxentina, e en todo o mundo. Ábrese daquela un período, que a Xunta agarda sexa frutífero, para redefinir os obxectivos e sistemas de funcionamento do hospital, sempre coa máxima do mantemento das prestacións asistenciais aos beneficiarios. A intención é que a extinción da Fundación reverta exclusivamente no beneficio dos emigrantes galegos en Bos Aires e en toda Arxentina.
No Padroado da Fundación Galicia Saúde están presentes os conselleiros de Facenda, e de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; os secretarios xerais de Emigración, e da Consellería de Sanidade; o presidente do ‘Centro Gallego’ de Bos Aires; e representantes das catro agrupacións que conforman o CGBA.
A difícil situación económica do hospital do CGBA produciuse pola xestión levada a cabo durante o bipartito en Galicia, tanto na súa política de persoal coma no progresivo endebedamento desta institución.
As actuacións dos anteriores xestores na súa xestión produciron un progresivo endebedamento, e impediron a necesaria adopción das medidas correctoras que neste momento están tomando, de maneira coordinada, a Xunta de Galicia e o propio CGBA.
A iniciativa da extinción da Fundación Galicia Saúde ten o respaldo dunha entidade social, referente da Emigración galega, como é o CGBA. O actual Goberno galego vai apoiar a iniciativa do Centro de asumir de forma autónoma a xestión integral do hospital dependente do mesmo, sempre mantendo o compromiso de apoio a esta centenaria institución.
Papel do Goberno de España
Tanto o Padroado da Fundación como a Xunta de Galicia esperan que o Goberno de España apoie, de forma clara e responsable, o sistema hospitalario dos españois no exterior.
A Xunta entende que o mantemento do sistema hospitalario dos españois no exterior ten que converterse nunha das máximas prioridades do Goberno do Estado, e que de forma coordinada coas administracións autonómicas, debe xerarse un Plan Estratéxico a medio e longo prazo que dea solución de continuidade a unha das maiores e mellores obras da Emigración galega, e española, na súa historia.
La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta