Alerta de un fenómeno adverso de nivel naranja en la costa gallega

A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR ALERTA DUN FENÓMENO ADVERSO DE NIVEL LARANXA NA COSTA GALEGA
• Afectará ao litoral das tres provincias costeiras galegas a partires de mañá venres
Santiago, 6 de xaneiro de 2011.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza alerta dun episodio de meteoroloxía adversa por fenómenos costeiros de nivel laranxa que afectará ao litoral das tres provincias costeiras da comunidade, a partires das 3 horas de mañá venres.
Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), na costa de Pontevedra e no suroeste da de Coruña haberá mar de fondo do oeste de 4 a 5,5 metros do suroeste, con ventos de forza sete a oito e mar grosa a moi grosa. No resto do litoral coruñés haberá vento de forza 8 con intervalos de forza 9 na área de Ortegal- Bares, con mar moi grosa e mar de fondo de 4 aumentando a 5 ao sur de Cabo Prior.
En canto ao litoral de Lugo, tamén haberá vento do suroeste forza 8 con probables intervalos de forza 9 en Bares. Mar moi grosa na área de Bares e tamén ao final en toda a zona mar adentro. Ademais, agárdase en terra nas catro provincias galegas rachas de vento de ata 90 quilómetros por hora, o que se corresponde cun nivel de alerta amarelo.
Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos costeiros galegos, aos clubs náuticos das tres provincias e a Protección Civil, entre outros.
Tamén se recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Anuncios

Un comentario sobre “Alerta de un fenómeno adverso de nivel naranja en la costa gallega

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s