La biblioteca y el archivo de la Ciudad de la Cultura de Galicia se abrirán al público a partir del 12 de enero

A BIBLIOTECA E O ARQUIVO DA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA ABRIRANSE AO PÚBLICO A PARTIR DO 12 DE XANEIRO, O DÍA DESPOIS DA SÚA INAUGURACIÓN OFICIAL

 O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou que a inauguración dos dous primeiros edificios da Cidade da Cultura marcará un punto de inflexión e invitou a todos os galegos a “achegarse a coñecer e a sentir como propio un dos símbolos da Galicia do século XXI”.
 As persoas que o desexen poderán acceder a pé ou no seu vehículo á parte terminada do recinto, que permanecerá aberta ao público de 8 a 20 horas todos os días da semana.
 Asemade, diariamente haberá unha visita guiada ás 12 e ás 18 horas dende o punto de Información da Cidade da Cultura. Para participar, bastará con presentarse alí. As fins de semana haberá tamén visitas que sairán dende o centro de Santiago en autobús.

Santiago, 5 de xaneiro de 2011.- A parte rematada do complexo da Cidade da Cultura de Galicia estará aberta ao público de 8 a 20 horas todos os días da semana a partir do 12 de xaneiro, un día despois da inauguración oficial do Arquivo e da Biblioteca de Galicia. Neste horario, os visitantes poderán acceder ao recinto a pé, no seu vehículo particular, ou utilizando unha liña de autobuses urbanos que comunicará regularmente o complexo arquitectónico co casco urbano de Santiago. A área de acceso libre será a que rodea os dous edificios inaugurados: a Biblioteca e o Arquivo de Galicia.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou que a inauguración dos dous primeiros edificios da Cidade da Cultura marcará un punto de inflexión e invitou a todos os galegos a “achegarse a coñecer e a sentir como propio un dos símbolos da Galicia do século XXI”. Nesta liña, Varela afirmou que esta inauguración posibilitará que “todos os cidadáns que o desexen poidan disfrutar deste complexo arquitectónico e cultural inigualable, utilizar os servizos da Biblioteca e o Arquivo de Galicia, e asistir ás exposicións e actividades que alí se ofrecen”.

A Biblioteca e o Arquivo de Galicia, tras a súa inauguración o 11 de xaneiro, poranse en marcha e o seu horario de atención ao público será de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres. Neste horario, os cidadáns poderán facer uso dos servizos que estas institucións comezarán progresivamente a prestar. Ademais das funcións propias destas institucións, a Biblioteca e o Arquivo de Galicia dispoñen de espazos para acoller exposicións. Para visitalas, poderá facerse todos os días da semana de 10 a 14 e entre as 16 a 20. Neste momento, están abertas tres: “Peter Eisenman. A Cidade”, “Espazos propios” de Candida Höfer e “Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia”.

Visitas guiadas
Todos os días, ás 12 e ás 18 horas, sairán visitas guiadas dende o Punto de Información da Cidade da Cultura de Galicia, situado no Espazo ON, nos soportais da Biblioteca de Galicia. Para participar abonda con presentarse na hora marcada. O itinerario incluirá un percorrido en compaña dun guía profesional polo Arquivo, a Biblioteca de Galicia e as tres exposicións en marcha.

As fins de semana haberá un servizo especial de visitas guiadas que recollerá ós participantes en autobús en Santiago. Os sábados e domingos ás 12 e ás 17 sairá un autobús dende a sede da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, no número 2 da rúa de San Roque. Para participar é preciso reservar praza na web http://www.cidadedacultura.org ou chamar ao 881997570 entre as 9 as 14 horas. Estas visitas incluirán un percorrido en autobús polo exterior da Cidade da Cultura de Galicia e logo un itinerario pola Biblioteca, o Arquivo e as exposicións.

Existe un servizo de visitas guiadas para grupos organizados. Os colectivos que estean interesados poden concertar a súa visita no número 881997570 ou no enderezo electrónico visitas.cidadedacultura@xunta.es

A exposición “Exlibris Gallaecia. Dos libros de Galicia” conta cun programa de visitas didácticas dirixido aos estudantes, dende os niveis de Secundaria ata a Universidade. Este tipo de visitas están organizadas por un equipo de guías especializados e contan con material pedagóxico para traballar nas aulas. Os centros escolares interesados neste servizo poden informarse no número 981576753 ou no enderezo electrónico visitasguiadas@cidadedacultura.org

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s