El tráfico de mercancías se incrementa en los puertos gallegos un 65% tras rebajarse las tasas portuarias

PORTOS PREVÉ REMATAR O ANO  CUN AUMENTO DO 65 % NO TRÁFICO DE MERCADORÍAS, CON MAIS DE 1,7 MILLÓNS DE TONELADAS

Portos de Galicia prevé acabar el año 2010 con un aumento del 65% en el tráfico de mercancías, más de 1,7 millones de toneladas. La rebaja de las tasas portuarias se tradujo en un aumento importante de la actividad

  • As previsións deste exercicio avalan a política portuaria do ente público de rebaixa das taxas portuarias traducida nun aumento importante da actividade
  • O ente público rexistrou un aumento arredor do 1,6 % nos seus ingresos por taxas portuarias incluso despois da importante rebaixa efectuada este ano

Santiago, 25 de decembro de 2010.- Portos de Galicia prevé rematar este ano 2010 cun aumento superior ao 65 % no tráfico de mercadorías, con mais de 1,7 millóns de toneladas nos portos comerciais galegos. Foi o que se desprendeu do último Consello de Administración de Portos do ano, celebrado esta semana en Santiago, no que se destacou o movemento de ferroaleacións no porto de Brens e a recuperación e aumento do tráfico de pasta de papel a través do porto de Ribadeo, así como o mantemento dos tráficos de pesca de túnidos conxelados nos portos de A Pobra e Ribeira. En canto á pesca fresca descargada, o seu valor en primeira venda aumentou nun 9,21 por cento acadando un total de máis de 225 millóns de euros.

 

O ente público rexistra un aumento arredor do 1,6 % nos seus ingresos por taxas portuarias incluso despois da importante rebaixa efectuada na contía das mesmas levada a cabo neste ano. As previsións deste exercizo avalan a política portuaria de Portos de baixada das taxas, coa redución dos impostos, que se traduce nun aumento importante da actividade portuaria, como un “efecto rebote”, segundo informou o presidente de Portos de Galicia durante o Consello de Administración.   

 

Outro dos puntos tratados foi o inicio do proceso de modificación da Lei para a ampliación do prazo máximo de duración dos títulos de outorgamento de autorización e concesións. O seu obxectivo é estimular a inversión privada ao aumentar os prazos para amortizar os investimentos realizados.

 

Neste senso, solicitouse a modificación no relativo á ocupación de dominio público portuario mediante a autorización, que será por un prazo non superior a catro anos e mediante concesión, que será polo que determine o título correspondente, pero non superior a 50 anos. No caso de que sexan de interese estratéxico relevante o polo seu nivel de investimento, a concesión poderá ampliarse incluso ata os 75 anos.

Un comentario sobre “El tráfico de mercancías se incrementa en los puertos gallegos un 65% tras rebajarse las tasas portuarias

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s