Adjudicado el estudio preliminar de riesgo de inundaciones en las zonas de la costa gallega

MEDIO AMBIENTE ADXUDICA O ESTUDO PRELIMINAR DO RISCO DE INUNDACIÓNS NAS ZONAS DE GALICIA COSTA, POR CASE 300.000 EUROS

La Xunta adjudica el estudio preliminar de riesgo de inundaciones en las zonas costeras de Galicia, por casi 300.000 euros. La finalidad del contrato es analizar la peligrosidad de inundaciones en el ámbito de aguas continentales de la Demarcación, para identificar los tramos de río a estudiar con más detalle.

  • Este estudo constitúe a fase previa á elaboración dos Plans de Xestións do Risco de Inundación, que deberán estar redactados no ano 2015
  • A finalidade deste contrato é analizar a perigosidade de inundacións no ámbito das augas continentais da Demarcación para identificar os tramos de río a estudar con máis detalle
  • Augas de Galicia xa realizou un estudo dos 180 quilómetros de ríos que se consideran mais vulnerables, e que será complementado co que sae hoxe a licitación

 

Santiago, 18 de decembro de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a adxudicación do contrato para a elaboración dun estudo preliminar do risco de inundacións en Galicia Costa, denominado EPRI.

Este estudo analizará a perigosidade de inundacións no ámbito das augas continentais da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa para identificar os tramos de río a estudar con máis detalle. O investimento de adxudicación deste contrato de servizo ascende a case 298.000 euros. Cómpre sinalar que estes traballos constitúen a fase previa á elaboración dos Plans de Xestións do Risco de Inundación, que deberán estar redactados no ano 2015.

 

Os obxectivos deste contrato son os de dar cumprimento á Directiva 2007/60/CE de Avaliación e Xestión dos Riscos de Inundación, para reducir as posibles consecuencias de inundación mediante a xestión do risco, apoiada en cartografía de perigosidade e de risco e paliar os efectos adversos das inundacións. Augas de Galicia establece un prazo de execución de 14 meses aproximadamente.

 

Previsión de riscos

Os traballos, que se desenvolverán en catro fases, serán os de recompilación e análise da información dispoñible, preselección das zonas en risco potencial, identificación de umbrais para a selección de zonas en risco significativo e selección das áreas con risco potencial de inundación significativo. Grazas a este estudo analizaranse tódalas concas de Galicia Costa para determinar as Áreas de Risco Potencial Significativo de Inundación.

 

Zonas máis vulnerables

Cómpre sinalar que Augas de Galicia xa realizou estes mesmos traballos en corenta treitos (uns 180 quilómetros de río) do ámbito Galicia-Costa. Estas zonas escollidas son lugares onde existe un risco alto  de inundacións, tendo en conta os datos históricos e as análises de vulnerabilidade e perigosidade nas concas costeiras.

 

Finalmente, sobre a base dos mapas de detalle, desenvolveranse a terceira e última fase deste proceso que é a posta en marcha dos Plans de Xestións do Risco de Inundación.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s