El PPdeG insta al PSOE gallego a rebelarse contra la retirada de la ayuda de 426 euros a los parados

El PPdeG presentará una moción en los 315 concejos de Galicia para conocer cuál es la opinión de los líderes socialistas locales sobre la retirada de los 426 euros a los parados de larga duración

O PPdeG vai presentar unha moción nos 315 concellos de Galicia para coñecer cal é a opinión dos líderes locais socialistas sobre a retirada da axuda de 426 euros aos parados de longa duración

Miranda: “Zapatero quere que os cartos que agora serven para rescatar parados sirvan para rescatar ao Goberno”

• O voceiro popular cre que “Zapatero é culpable de deixar sen esa axuda aos parados españois, pero o seu embaixador en Galicia, Manuel Vázquez, é culpable de retirarlla aos 9.000 galegos”

• Sinala que o secretario xeral do PSOE en Galicia terá que posicionarse e, ou ben reafirmarse na súa condición de cómplice de Zapatero na súa cruzada antisocial, ou ben romper con Ferraz e votar a favor do mantemento dos 426 euros

• Afirma que o PPdeG combate o efecto Zapatero para manter o diferencial positivo de Galicia na tasa de paro a base de esforzo e dedicación, non de erros e improvisación, como fai un PSOE que deixa á xente na rúa para que non vaia Zapatero

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2010.- O voceiro do Partido Popular de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, valorou esta mañá a decisión do Goberno central de retirar a axuda de 426 euros aos parados e o anuncio do líder do PSdeG, Manuel Vázquez, de estar disposto a meter a tesoira ao Estado de Benestar e podar determinados servizos públicos.

Rodríguez Miranda reiterou a petición do seu partido de que o responsable dos socialistas en Galicia explique qué pilares do Estado de Benestar quere derrubar, qué prestacións sociais quere retirar e a qué colectivos pretende condenar a unha vida peor.

O popular criticou que Vázquez, “como bo dirixente do PSOE” non se dá por satisfeito á hora de facer dano aos cidadáns, sinalando que quere mermar a capacidade adquisitiva de tódolos galegos subindo o IVE, que quere complicar a vida aos pensionistas conxelando as súas pensións, que quere que os funcionarios cobren menos e paguen máis, que está de acordo con subir a tarifa da luz outro 10% -completando unha subida total do 60% dende 2003- e que agora tamén quere retirar as axudas aos parados de longa duración.

Neste senso, o voceiro do PPdeG afirmou que “Zapatero é culpable de deixar sen esa axuda aos parados españois, pero o seu embaixador en Galicia, Manuel Vázquez, é culpable de retirar esa prestación aos 9.000 galegos que reciben esos 426 euros”, engadindo que “o PSOE quere que os cartos que agora serven para rescatar a parados sirvan para rescatar ao Goberno, é dicir, deixan á xente na rúa para que Zapatero non se vaia á rúa”.

OBRIGA DE POSICIONARSE
Rodríguez Miranda insistiu na obriga de Manuel Vázquez de posicionarse ante a retirada desta axuda: “O que queremos saber é si ese xardiñeiro que quere podar o sistema de benestar en Galicia está de acordo con proseguir cos recortes nos petos dos parados de larga duración” afirmou.

Neste senso instou a posicionarse a tódolos alcaldes e voceiros do PSOE en Galicia, recordando que estes conviven cada día con parados de longa duración, e que terán que miralo á cara e, ou ben dicirlles que queren quitarlles esas axudas, ou ben desobedecer a Zapatero e votar polo mantemento da prestación.

Por tanto, anunciou que o Partido Popular de Galicia vai presentar unha moción nos 315 concellos de Galicia para coñecer cal é a opinión dos líderes locais socialistas, que se reflicte no Parlamento Galego e leve a Manuel Vázquez a aclarar se está nisto con Zapatero ou cos parados.

“O secretario xeral do PSOE en Galicia terá que posicionarse e, ou ben reafirmarse na súa condición de cómplice de Zapatero na súa cruzada antisocial, ou ben romper con Ferraz e votar a favor do mantemento dos 426 euros”, remarcou.

MEDIDAS CON DATA DE CADUCIDADE
O voceiro do PPdeG criticou que o Executivo central basee a súa política en aprobar medidas cuxa caducidade “é menor que a dos iogures”, poñendo como exemplos a devolución dos 400 euros no IRPF, (que retirou 18 meses despois de aprobala) o cheque bebé (do que Europa obrigouno a prescindir) e a recente retirada dos 426 euros ós parados de longa duración, que retira agora que hai dous millóns de persoas nesta situación.

Fronte a un presidente do Goberno que “acostuma a facer o contrario do que debe” Rodríguez Miranda apuntou a unha Xunta responsable, que baixa impostos fronte a un Goberno que os sube, e que sube pensións no seu tramo autonómico de acordo co IPC fronte a un Goberno que as baixa.

Asímesmo, sinalou, que o PPdeG está a combater o efecto Zapatero para manter o diferencial positivo de Galicia na tasa de paro a base de esforzo e dedicación, non de erros e improvisación, como fai un PSOE que deixa de rescatar parados para que os parados o rescaten a él.

Un comentario sobre “El PPdeG insta al PSOE gallego a rebelarse contra la retirada de la ayuda de 426 euros a los parados

¿Y tú qué opinas de esto?