Unos 28.000 habitantes de 20 concejos del sur de Lugo ya tienen mejor acceso a Internet gracias al Plan de Banda Larga

A Xunta comezou as actuacións do Plan nesta zona por ser a máis afectada pola fenda dixital 

El plan de Banda Larga facilita el acceso a Internet a más de 28.000 habitantes de 20 municipios del sur de la provincia de Lugo. La Xunta comenzó las actuaciones del Plan en esta zona por ser la más afectada por la brecha digital 

O PLAN DE BANDA LARGA FACILITA O ACCESO Á INTERNET A MÁIS DE 28.000 HABITANTES DE 20 CONCELLOS DO SUR DA PROVINCIA DE LUGO

  •  Las actuaciones se completarán a lo larga del mes de diciembre, posibilitando que antes de final de año casi 35.000 habitantes de más de 2.000 núcleos del sur de Lugo y sus alrededores puedan acceder a la red

 

  • O  despregamentos completarase ao longo do mes de decembro posibilitando que antes de fin de ano case 35.000 habitantes de máis de 2.000 núcleos do sur de Lugo e a súa contorna poidan acceder á rede  
  • A solución técnica para estas zonas de difícil acceso está baseada na nova tecnoloxía Wimax Móbil en banda licenciada que garantirá a cobertura e a capacidade do servizo de banda larga
  • Antes de que remate o ano en torno a 250.000 persoas de toda Galicia que carecían de cobertura terán a posibilidade de acceder á Internet de calidade

 

Santiago 6 decembro de 2010.- Máis de 28.000 veciños de 1.700 núcleos de 20 concellos do sur de Lugo e a súa contorna dispoñen desde agora da posibilidade de acceder a un servizo de Internet de calidade grazas ao Plan de Banda Larga, que está a desenvolver a Xunta de Galicia. O Goberno galego iniciou as accións do Plan nesta zona por ser unha das áreas que máis acusa a fenda dixital.

 Desde agora o operador Iberbanda, adxudicatario da subvención da Xunta para o despregamento de redes sen fíos nesta zona, comeza a prestar servizo en 20 concellos do sur de Lugo. Concretamente, o operador porá en marcha o servizo de acceso á rede en núcleos dos municipios de Antas de Ulla, Bóveda, Carballedo, Chantada, O Corgo, Guntín, Láncara, Monforte de Lemos, Monterroso, Pantón, Paradela, O Páramo, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Sarria, O Saviñao, Sober e Taboada.

 

Obxectivos no 2010

Ao longo do mes de decembro, Iberbanda irá habilitando o servizo na zona para achegar Internet de calidade antes de que remate a preto de 35.000 habitantes de máis de 2.000 núcleos de 27 concellos do sur de Lugo e a súa contorna.

 Dos 27 concellos previstos nesta actuación, 22 son da provincia de Lugo (Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao, Sober, Taboada, Paradela, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Antas de Ulla, Bóveda, Friol, Guntín, Palas de Rei, Monterroso, O Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria); e 5 da provincia de Ourense (Nogueira de Ramuín, A Peroxa A Teixeira San Cristovo de Cea e Vilamarín).

 Tecnoloxía e investimento

A solución ofertada por Iberbanda empregará a tecnoloxía sen fíos Wimax Móbil de banda licenciada que, prestará un servizo mínimo esixido de 2 Mbps de velocidade de baixada e 512 Kbps de subida.

 Para o despregamento de redes de telecomunicacións na zona, a Xunta concedeu o pasado mes de setembro axudas por un importe de 624.000 euros ao operador Iberbanda que mobilizarán un orzamento total de case 2 millóns euros.

 Na Comunidade

Antes de que remate o ano en torno a 250.000 galegos que carecían de cobertura terán a posibilidade de acceder á Internet de calidade grazas ao O Plan Banda Larga de Galicia 2010-2013, reducindo nun terzo a poboación da Comunidade que non dispoñían de acceso á Rede. A día de hoxe, e tras a posta en marcha de máis da metade das actuacións previstas no Plan son xa en torno aos 200.000 os galegos que poden acceder á banda larga e que ata agora non tiñan acceso a ese servizo.

 Ademais, no presente ano conseguirase garantir a cobertura de Internet de calidade a máis da metade dos parques empresariais e polígonos industriais con carencias de cobertura así como, posibilitar o acceso de calidade a Internet á maior parte dos servizos públicos sen banda larga. O despregamento de redes do Plan é clave para proporcionar as infraestruturas que permitirán avanzar na administración electrónica e en proxectos innovadores en ámbitos como a sanidade, a educación e a xustiza.

O Plan contempla cinco actuacións das que xa se puxeron en marcha 4: a implantación de redes fixas, sen fíos, de nova xeración (con velocidades de 100Mbps), e a potenciación do operador público Retegal que está a poñer a disposición do resto dos operadores a súa infraestrutura favorecendo a competencia.

Para levar a cabo as actuacións en marcha ata a data, a Xunta de Galicia está a investir 70 millóns de euros cos que está a mobilizar un orzamento total de 200 millóns de euros entre capital público e privado. 

Un comentario sobre “Unos 28.000 habitantes de 20 concejos del sur de Lugo ya tienen mejor acceso a Internet gracias al Plan de Banda Larga

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s