La Xunta propone al concejo lucense de Sarria como Municipio Turístico Gallego

CULTURA E TURISMO PROPÓN AO CONCELLO LUCENSE DE SARRIA COMO MUNICIPIO TURÍSTICO GALEGO

 La Consellería de Turismo propone al concejo lucense de Sarria como Municipio Turístico Gallego. La Comisión de Valoración aprobó esta propuesta como reconocimiento a la amplia variedad de recursos turísticos que posee este municipio, como su patrimonio cultural, gastronómico, artesanal, natural y etnográfico.

  • A Comisión de Valoración aprobou esta proposta de recoñecemento, ao ter en conta a ampla variedade de recursos turísticos que posúe este concello, como o seu patrimonio monumental, cultural, gastronómico, artesanal, natural e etnográfico.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Santiago, 3 de decembro de 2010.- A Secretaría Xeral para o Turismo, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, vén de propoñer ao concello lucense de Sarria como Municipio Turístico Galego. A Comisión de Valoración, segundo o indicado no artigo 13 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, Declaración de Municipio  Turístico Galego e Declaración de Festas de Galicia de Interese Turístico,  considerou positivamente a ampla variedade de recursos turísticos do concello, como o seu patrimonio monumental, cultural, gastronómico, artesanal, natural e etnográfico.

 O concello de Sarria forma parte da ruta xacobea do Camiño Francés, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1993. O enclave de Sarria, a localidade máis poboada deste camiño en Galicia é, despois de Santiago de Compostela, o punto máis destacado da ruta ao ser elixido polo 23% dos peregrinos como punto de saída para a peregrinaxe ata a capital galega.

 En todo o concello atópanse mostras de arquitectura relixiosa e civil. No casco histórico da vila destacan construcións como a Torre da Fortaleza ou o Convento da Madalena, entre outros. No entorno rural o estilo románico ten a súa presenza en multitude de igrexas como a de Santiago de Barbadelo, declarada Ben de Interese Cultural no ano 1980. Tamén resaltan polo seu atractivo turístico os muíños que abundan no concello, caracterizados por ser en moitos casos de dúas moas, ademais de bens arqueolóxicos como castros, petroglifos ou a necrópoles como Santa Mariña, Ben de Interese Cultural dende o 2006.

 A posta en valor de espazos naturais nas marxes dos ríos Sarria e Celeiro, onde se atopa o coñecido como Roteiro das Aceas, de máis de seis quilómetros de longo, xunto ás numerosas festas e feiras tradicionais da vila, entre elas a feira anual de antigüidades, son outros dos recursos turísticos máis sobresaíntes do concello.

 A declaración final debe ser aprobada en Consello da Xunta de Galicia. Esta declaración dun concello como Municipio Turístico Galego concédese normalmente a aqueles concellos que o soliciten e que cumpran os requisitos de ter unha afluencia periódica ou estacional na que a media ponderada anual de poboación turística sexa superior ao 25% do número de veciños ou cando o número de aloxamentos turísticos e de segundas residencias sexa superior ao 50% do número de vivendas de residencia primaria. Doutra parte, é necesario que acrediten contar dentro do seu territorio con algún servizo turístico susceptible de producir unha atracción turística de visitantes nunha cantidade cinco veces superior á súa poboación, computada ao longo dun ano e repartida cando menos en máis de trinta días. 

Un comentario sobre “La Xunta propone al concejo lucense de Sarria como Municipio Turístico Gallego

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s