GALICIA REXISTRA UN AUMENTO DO 12,43 POR CENTO NO VOLUME DE VIAXEIROS ALOXADOS ENTRE XANEIRO E OUTUBRO, O DOBRE DA MEDIA ESPAÑOLA
Galicia registra un aumento del 12,43% en el volumen de viajeros alojados entre enero y octubre en la región, el doble de la media española. Este incremento también tuvo lugar en las pernoctaciones, que aumentaron un 10,59% en los diez primeros meses del año. Los precios hoteleros registraron en octubre también un aumento del 1,8%, circunstancia que se contrapuso al observado en el conjunto estatal, donde cayeron de media un 1,4%.
-
A comunidade galega contabilizou dende xaneiro a outubro deste ano un aumento do 12,43% no volume de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros con respecto ao mesmo período do ano pasado, mentres que a media nacional foi do 6,54%.
- Este incremento tamén se rexistrou nas pernoitas, que aumentaron un 10,59% nos dez primeiros meses do ano respecto ao 2009. A media nacional situouse nun 6,57%.
- Os prezos hoteleiros rexistraron no mes de outubro tamén un aumento do 1,8%, circunstancia que se contrapón ao observado no conxunto estatal, onde caeron de media un 1,4%.
Santiago, 29 de novembro de 2010.- Galicia duplicou nos dez primeiros meses de 2010 o incremento interanual rexistrado nese mesmo período no volume de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros a nivel nacional, segundo se desprende dos datos oficiais do Instituto Nacional de Estadística (INE). A comunidade galega contabilizou no período xaneiro-outubro deste ano un incremento do 12,43% no volume de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros de Galicia con respecto ao mesmo período do ano pasado, mentres que a media nacional foi do 6,54%.
Galicia rexistra a segunda mellor cifra de crecemento do volume de viaxeiros –por detrás de Cataluña que neste caso acumula unha suba do 12,6%- e a terceira de pernoitas –por detrás de Madrid e Cataluña, que ostentan o 12,9% e 11,5% nesta variable-.
O incremento tamén se rexistrou nas pernoitas, que aumentaron un 10,59% nos dez primeiros meses do ano respecto ao mesmo período do ano 2009. Pola contra, a media nacional situouse nun 6,57%.
En canto ao mes de outubro, Galicia rexistrou un aumento do volume de viaxeiros do 12,87% respecto do mesmo período do ano pasado. As pernoitas situaronse nun 13,59% máis respecto a outubro de 2009. Son os mellores datos de outubro dos últimos anos pois nunca antes se rexistraran tales cifras de volume de demanda turística xustamente neste mes. As variacións interanuais en relación ao último Ano Santo, tanto en outubro como no acumulado do ano, varían entre o 4,23% e o 9%.
O comportamento observado no mes de outubro vén a ratificar unha tendencia de crecemento continuo rexistrado desde marzo deste ano, período no que as cifras de demanda turística hoteleira superan, mes a mes, os niveis tanto do pasado ano como do último ano Xacobeo 2004, en porcentaxes que na maioría dos casos pasan do 10%.
Prezos e rendabilidade empresarial
Os prezos hoteleiros rexistraron no mes de outubro tamén un aumento do 1,8%, circunstancia que se contrapón ao observado no conxunto estatal, onde caeron de media un 1,4%.
A facturación por habitación ocupada creceu nese mesmo mes un 6,3% en relación ao mesmo período de 2009. A nivel nacional a cifra situouse tan só nun 1,3%. A nosa comunidade rexistra neste caso a segunda cifra de crecemento máis elevada das comunidades autónomas de España, por detrás neste caso de Cataluña
Por outra parte, os ingresos medios por habitación dispoñible incrementáronse un 18,8%, mentres que a nivel nacional este indicador amosa só un crecemento do 7,3%.
Trátase dunha dinámica que se vén observando dende marzo e abril deste ano. O mes de outubro é o oitavo mes consecutivo no que se rexistra unha mellora da rendibilidade do sector medida a partir dos ingresos medios por habitación dispoñible, rexistrando o maior dos incrementos do ano.
[…] Actualizados : Galicia logró un incremento del 12,43% en el volumen de viajeros este año, el doble que el… El Consorcio de Transportes de Asturias refuerza los 'búhos' entre Oviedo y Siero y […]
Me gustaMe gusta