El gobierno gallego reclama al ayuntamiento de Pontevedra la cesión de terrenos para poder construir el nuevo instituto Carlos Oroza

VÁZQUEZ ABAD EMPRAZA AO CONCELLO DE PONTEVEDRA A QUE REMATE DUNHA VEZ A CESIÓN DOS TERREOS PARA CONSTRUIR DO CIFP CARLOS OROZA

 El conselleiro de Educación emplaza al concejo de Pontevedra a que complete «de una vez» la cesión de los terrenos para que se pueda construir el IES Carlos Oroza. La Xunta reitera su firme compromiso de realizar las obras del centro una vez que tenga el suelo necesario. «La falta de corrección de los errores urbanísticos en los terrenos pensados para el instituto está dificultando la ejecución de las obras», denuncia Jesús Vázquez Abad.

  • O conselleiro de Educación lembrou o firme compromiso da Xunta de realizar as obras do centro
  • A falta de corrección dos erros urbanísticos nos terreos pensados para o IES está a dificultar a execución das obras

 

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2010.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, recordou hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia vai construír o novo IES Carlos Oroza en Pontevedra, cuxas obras están a ser retrasadas pola falta de colaboración do Concello.

 

Neste sentido, Vázquez Abad lembrou que o pasado 17 de novembro de 2009 realizou  unha visita institucional ao Concello de Pontevedra, ao longo da cal reiterou o compromiso da Xunta coa mellora dos espazos educativos na zona a través da construción do novo CIFP Carlos Oroza.

 Ao día seguinte deste encontro fíxose público que o terreo cedido polo concello para o CIFP tiña un erro de tramitación urbanística no relativo aos metros cadrados cedidos á Consellería, o que está a retrasar a posibilidade de incrementar a oferta das familias profesionais de Hostalaría e Turismo e Industrias Alimentarias.  

 Terreos sen titularidade da Xunta

Estes erros correspóndense aos metros que estarían adicados ao centro, polo que o conselleiro recordou na Cámara que “a Consellería leva un ano á espera de que o Concello de Pontevedra complemente a tramitación administrativa pola que se resolva a cesión dunha parcela de 646 metros cadrados para que poida ser unida á cedida no ano 2009 (de 3.012 metros cadrados), co que se disporá dos 3.658 metros cadrados precisos para afrontar a construción do novo centro”.

 Polo tanto, e diante desta situación, Vázquez Abad dixo, respondendo a una pregunta formulada polo socialista Guillermo Meijón que “non puidemos iniciar a redacción do proxecto nin acometer as obras porque aínda non somos os titulares desa parcela. Aínda que temos o Acordo da Xunta de Goberno Local relativo á cesión da parcela de 646 metros cadrados, desde o 22 de xullo de 2010 estamos á espera de que o Concello entregue os documentos patrimoniais e resolva os reparos formulados pola interventora desa administración”. A isto o titular de Educación da Xunta engadiu que “a día de hoxe nos servizos centrais da Consellería non se ten constancia oficial de novidades ao respecto”.

 Aclaracións

Tras todo isto o conselleiro sinalou que o fin deste debate iniciado polo señor Meijón “parece non ter moito que ver coa cuestión educativa”, e invitouno a falar co voceiro do seu grupo político no Concello de Pontevedra para que lle aclaren as cousas xa que “os responsables municipais recoñeceron en diferentes datas o “erro” do Concello ao non ceder dunha sola vez, como unha soa parcela, os terreos necesarios para construír o novo Carlos Oroza”.

 O conselleiro de Educación rematou a súa intervención asegurando que “se non hai moita máis demora desde o Concello desexamos poder sacar a licitación a obra do CIFP en 2011”, cumprindo así un compromiso adquirido coa sociedade e que se está a ver retrasado por causas alleas á administración autonómica.

Un comentario sobre “El gobierno gallego reclama al ayuntamiento de Pontevedra la cesión de terrenos para poder construir el nuevo instituto Carlos Oroza

Replica a Articulo Indexado en la Blogosfera de Sysmaya Cancelar la respuesta