Medio Ambiente entrega esta semana 343 viviendas de promoción pública en San Paio de Navia

Foto: vigoalminuto.com

 MEDIO AMBIENTE ENTREGARÁ 343 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA EN SAN PAIO DE NAVIA ISTA SEMANA, logo dun investimento de mais de 50 millóns de euros

 Medio Ambiente entregará 343 viviendas de promoción pública en el barrio de San Paio de Navia (Vigo-Pontevedra) esta semana, en las que ha realizado una inversión de más de 50 millones de euros. El Instituto Gallego de la Vivienda y el Suelo (IGVS) lleva invertidos en esta zona más de 90 millones de euros.

  • De las 384 viviendas situadas en la parcela XVII, 343 se entregarán a los adjudicatarios, y otras 41 se destinan tanto a realojos (3) como a cesión al concejo de Vigo (38). De los 343 inmuebles adjudicados por la Xunta, 178 están en régimen de alquiler y otros 165 en compraventa.
  • En la calle Teixugueiras, entre los edificios que dan a la zona verde, existen 7 plazas públicas de propiedad municipal que también fueron acondicionadas con fondos del IGVS
  • El conselleiro subrayó que el gobierno gallego lleva invertidos 90 millones de euros en San Paio de Navia, de los que 50 corresponden a viviendas de promocioón pública, 6 a zona verde y 34 al plan de actuación urbanística
  • Hernández hizo hincapié en que el actual Ejecutivo “tuvo que asumir sobrecostes por importe de 8 millones de euros, a causa de las deficiencias en los proyectos de la zona verde y las viviendas públicas heredados del anterior gobierno”

 

  • Das 384 vivendas situadas na parcela XVII, 343 entregaranse aos adxudicatarios e 41 destínanse a realoxos (3) e cesión ao Concello de Vigo (38)  
  • O titular de Infraestruturas explicou que dos 343 inmobles adxudicados pola Xunta, 178 están en réxime de alugueiro e 165 en compravenda
  • Na rúa Teixugueiras, entre os edificios que dan á zona verde, existen 7 prazas públicas de propiedade municipal, que foron acondicionadas con fondos do IGVS
  • Hernández salientou que o Goberno galego leva investidos 90 millóns de euros en San Paio de Navia, dos que 50 corresponden ás vivendas de promoción pública, 6 millóns á zona verde e 34 millóns ao plan de actuación urbanística
  • Salientou que o actual goberno tivo que asumir sobrecustes que suman 8 millóns de euros por deficiencias nos proxectos da zona verde e nas vivendas públicas herdados do anterior goberno

 

Santiago, 22 de novembro de 2010.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitou  as 384 vivendas de promoción pública xa rematadas na parcela XVII de San Paio de Navia, das que 343 serán entregadas a vindeira semana aos seus adxudicatarios. Na visita tamén estiveron presentes o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Antonio Boné Pina, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares.

 O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) achegou un investimento de máis de 50 millóns de euros para a construción destas vivendas cuxa tramitación, segundo lembrou hoxe Hernández, foi iniciada en 2004 polo actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sendo conselleiro de Política Territorial.

 Na próxima semana o IGVS iniciará o proceso de entrega de chaves a 343 familias adxudicatarias de ditas vivendas, mentres que as 41 vivendas restantes destínanse a realoxos (3), e cesión ao concello de Vigo (38). Cómpre sinalar que das 343 vivendas adxudicadas pola Xunta, 178 están en réxime de alugueiro e 165 en compravenda.

 A Consellería de Medio Ambiente lembrou que a sinatura de escrituras e contratos e a entrega de chaves aos adxudicatarios está prevista os días 25, 26, 29 e 30 de novembro.

 O responsable de Obras Públicas da Xunta de Galicia salientou que o Goberno galego leva investidos 90 millóns de euros en San Paio de Navia, dos que 50 corresponden ás vivendas de promoción pública, 6 millóns á zona verde e 34 millóns ao plan de actuación urbanística (PAU). Hernández salientou que o actual goberno tivo que asumir sobrecustes que suman 8 millóns de euros por deficiencias nos proxectos da zona verde e nas vivendas públicas herdados do anterior goberno.

 Prazas públicas

O conselleiro de Medio Ambiente recordou que na rúa Teixugueiras, entre os edificios que dan á zona verde, existen sete prazas públicas de propiedade municipal, que foron acondicionadas con fondos do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Do total destas prazas seis xa están rematadas e abertas ao público, aínda que sen recibir polo Concello de Vigo, concretou.

 Lembrou que o IGVS solicitou do Concello de Vigo a recepción das prazas 1, 2, 5 e 6 en abril de 2009, mentres que a solicitude de recepción das prazas 3 e 7 fíxose en novembro de 2009. Polo momento, o Concello no recibiu ditas prazas. Ademais, explicou que todos os requirimentos do Concello -respecto destas prazas- xa foron atendidos, polo que só queda que o Concello adopte o acordo de aceptación das mesmas.

 Zona verde

A zona verde de San Paio de Navia, o parque central da urbanización, que ocupa 89.217 metros cadrados, está sendo executado por Xestur Pontevedra. Esta actuación foi adxudicada por un importe de 4,9 millóns de euros en 2007, pero o IGVS autorizou un ano máis tarde un modificado por máis de 886.000 euros.

 Ese modificado non foi o último ser o último custe da actuación, xa que os técnicos do IGVS e Xestur detectaron carencias, como a ausencia de barandas de protección en zonas perigosas, que é non estaban incluídas nin no proxecto nin no modificado.

 Explicou que a entrada da empresa nunha situación preconcursal complicou a execución e remate das obras do parque de San Paio de Navia, o que provocou o inicio dos trámites para a rescisión do contrato por incumprimento dos prazos establecidos, co obxectivo de licitar de novo o remate da zona verde para que a mesma poida entrar en servizo á maior brevidade posible.

 O inicio dos trámites para a resolución do contrato xa foron comunicados á empresa e actualmente o director da obra está procedendo a elaborar unha proposta de liquidación das obras que comprenderá a constatación e medición das xa realizadas, especificando as que sexan de recibo e fixando os saldos pertinentes a favor ou en contra do contratista. Rematada a resolución, a Xunta licitará polo procedemento de urxencia o remate das obras do parque. Nestes momentos só quedan pendentes traballos de acondicionamento e axardinamento, que poderían rematarse en tan só 20 días. 

Un comentario sobre “Medio Ambiente entrega esta semana 343 viviendas de promoción pública en San Paio de Navia

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s