Se licita la construcción de cuatro escuelas infantiles en Betanzos, Carnota, Coristanco y O Pino

Publicadas no DOG as licitacións das obras de construción de catro escolas infantís nos concellos de Betanzos, Carnota, Coristanco e O Pino

El Diario Oficial de Galicia publica la licitación de las obras de construcción de cuatro escuelas infantiles en los concejos de Betanzos, Carnota, Coristanco y O Pino. Los nuevos centros, que en total ofertarán en torno a 200 nuevas plazas, entrarán en funcionamiento hacia finales de 2011

  • Os novos centros infantís, que en total ofertarán preto de 200 novas prazas, entrarán en funcionamento cara a finais de 2011

Santiago, 19 de novembro de 2010.- O Diario Oficial de Galicia publica as licitacións polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar das obras de construción de catro escolas infantís nos concellos coruñeses de Betanzos, Carnota, Coristanco e O Pino.

Segundo se recolle nos pregos das distintas licitacións, o prazo para presentar proposicións é de 13 días e o de execución dos traballos será de oito meses. A entrada en funcionamento dos novos centros está prevista para finais de 2011.

O novo centro infantil de Betanzos levantarase na Avenida Fraga Iribarne e ofertará un total de 74 prazas para nenos e nenas de entre 0 e 3 anos de idade, divididas en cinco unidades. O importe de licitación ascende a 1.150.906,39 euros.

A escola de Carnota, que se ubicará no núcleo de Lamas de Castelo e terá 41 prazas, conta cun orzamento de licitación de 860.886,94 euros, mentres que o da escola de Coristanco, tamén de 41 prazas e situada no Agra do Carballal, é de 805.352,83 euros.

Por último, a nova escola de O Pino estará situada na Rúa Forcarei, na Parroquia de Santa Eulalia de Arca, e ofertará un total de 41 prazas. O importe de licitación ascende a 737.469,79 euros.

As licitacións das obras destas novas escolas infantís enmárcanse nun convenio asinado en decembro de 2009 entre o Ministerio de Educación e a Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de prazas públicas do primeiro ciclo de educación infantil.

A catro novas escolas se integrarán na Rede de Escolas Infantís de Galicia A Galiña Azul, que verá incrementada a súa oferta en preto de 200 prazas. Estas construcións xa foran comprometidas pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, en sendas visitas aos concellos.

Un comentario sobre “Se licita la construcción de cuatro escuelas infantiles en Betanzos, Carnota, Coristanco y O Pino

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s