El Ejecutivo gallego pone en marcha la rehabilitación de la Fábrica de Tabacos de A Coruña para convertirla en sede judicial y achaca al ayuntamiento los retrasos

Foto: cienladrillos.com

 A Xunta encargará o proxecto de rehabilitación da Fábrica de Tabacos para dotar a cidade da Coruña das infraestruturas xudiciais que merece

La Xunta encargará el proyecto de rehabilitación de la Fábrica de Tabacos para dotar a la ciudad de A Coruña de infraestructuras judiciales

  • No quieren “perder más tiempo” y continuarán trabajando en este proyecto, que va a significar una inversión histórica de 20 millones de euros

  • El delegado territorial de la Xunta en A Coruña aseguró que los informes jurídicos y patrimoniales que maneja la administración autonómica recomiendan la cesión del edificio

  • La cesión, dijo, es la fórmula “más apropiada debida a los riesgos que conlleva la concesión demanial propuesta por el ayuntamiento coruñés”. Esta última fórmula traería consigo circunstancias “especiales” que requerirían de un mayor control por parte de la Administración, lo cual se traduciría en la exigencia previa de una autorización administrativa también conocida como ‘permiso demanial’ o ‘permiso de uso’ para el dominico público en cuestión.

  • El delegado también anunció que a finales de este año entrará en funcionamiento el edificio de los juzgados, donde las obras, en las que la Xunta está invirtiendo 3 millones de euros, van a “muy buen ritmo”

 

  • El 30 de diciembre “todo estará preparado para que entren en funcionamiento los nuevos juzgados, el de Instancia número 13, situado en el anexo del edificio judicial,  y el de Instrucción número 8, en el edificio de la Audiencia Provincial.

 

  • O Goberno galego “non quere perder máis tempo” e continuará traballando nun proxecto no que vai facer un investimento histórico de 20 millóns de euros
  • O delegado territorial da Xunta na Coruña asegurou que os informes xurídicos e patrimoniais da Xunta recomendan a cesión do edificio
  • Calvo insistiu en que a cesión é a fórmula “máis adecuada debido aos riscos que leva consigo a concesión demanial proposta polo concello coruñés”
  • O delegado tamén anunciou que a finais deste ano estará funcionando o xulgado de violencia de xénero no Edificio dos Xulgados, onde as obras, nas que a xunta está a investir 3 millóns de euros, van a “moi bo ritmo”
  • Ademais, o 30 de decembro “todo estará preparado” para que entren en funcionamento os novos xulgados, o de Instancia nº13, situado no anexo do edificio xudicial e o de Instrución nº 8, no edificio da Audiencia Provincial

 

A Coruña, 19 de novembro de 2010.- A Xunta encargará o proxecto de rehabilitación da Fábrica de Tabacos para dotar á cidade da Coruña das infraestruturas xudiciais que merece. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, asegurou esta mañá que o Goberno galego “non está disposto a seguir perdendo máis tempo” e continuará a traballar nun proxecto no que, lembrou, se vai facer un investimento histórico que ascende a 20 millóns de euros.

Por este motivo, o Goberno autonómico empraza ao concello coruñés a deixar de poñer trabas administrativas á conversión do edificio de Tabacos en sede xudicial e a que colabore para que este proxecto poida ser unha realidade no 2013, tal e como pretende a Xunta.

Calvo lembrou que “hai xa máis dun ano que o alcalde da Coruña, Javier Losada, anunciou que regalaba o inmoble á Xunta de Galicia”, sen que a día de hoxe se teña firmado o convenio. A Xunta entende que, en calquera caso, se pode encargar xa o proxecto e confía en que o concello “recapacite” e, no menor prazo posible, se poida materializar o convenio de cesión do edificio.

O delegado territorial da Xunta na Coruña asegurou que os informes xurídicos e patrimoniais do Executivo autonómico recomendan a cesión do edificio porque é a fórmula “máis adecuada para a conversión do inmoble en sede xudicial”, engadiu.

A fórmula de concesión demanial proposta polo Concello leva consigo uns riscos que a Administración autonómica non pode permitir. Entre os máis salientables está que a concesión demanial e de carácter temporal e non pode en ningún caso exceder os 75 anos de duración. Ademais, existe a posibilidade de extinción mediante rescate por decisión do órgano que a concede –neste caso o Concello da Coruña-, “o que colocaría á Xunta nunha posición de inseguridade”.

Calvo aclarou que o ben pode desafectarse previamente para tramitar a cesión, xa que dende o punto de vista xurídico non hai inconveniente. Ademais, a cesión do inmoble en ningún caso vai supoñer para á cidade unha perda patrimonial, senón que permitirá aproveitar as infraestructuras existentes para prestar un mellor servizo ao cidadán e á Administración de Xustiza.

Calvo volveulle a pedir ao alcalde, Javier Losada, “responsabilidade para non perder un minuto máis con escusas como a de dicir que a cesión retrasaría o proxecto cando son, dende hai un ano, as súas contradicións as que están impedindo que comecen unhas obras moi necesarias para a cidade da Coruña”.

Obras no Edificio dos Xulgados
Tamén en materia xudicial, Calvo anunciou que a finais deste ano estará funcionando o xulgado de Violencia de Xénero no Edificio dos Xulgados. A Xunta está a investir 3 millóns de euros en diversas actuacións neste edificio. “As obras van a moi bo ritmo, o primeiro que va a estar rematado e o xulgado de Violencia de Xénero, que esperemos entre en funcionamento a finais deste ano”. Tamén se realizan traballos de redistribución e mellora do espazo do xulgado de garda; reformas e melloras na instalación de climatización e de iluminación, así como outros traballos de menor entidade.

Ademais, se está traballando na adecuación de espazos para que o 30 de decembro “todo estea preparado” para que entren en funcionamento os xulgados de nova creación.

O xulgado de Instancia nº13 se instalará na planta baixa do anexo do edificio dos xulgados e o xulgado de Instrución nº 8 se situará no edificio da Audiencia Provincial. A principios do mes de decembro se procederá ao amoblamento e instalación do sistema informático nos dous novos xulgados

Un comentario sobre “El Ejecutivo gallego pone en marcha la rehabilitación de la Fábrica de Tabacos de A Coruña para convertirla en sede judicial y achaca al ayuntamiento los retrasos

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s