
PORTOS DEFENDE A CONSTRUCIÓN DUNHA GOLETA DE CARGA COMO ELEMENTO XENERADOR DE EMPREGO E DINAMIZADOR DA CARPINTEIRA DE RIBEIRA
Portos de Galicia defiende la construcción de una goleta de carga como elemento generador de empleo y dinamizador de la carpintería de ribera. El compromiso de la Consellería del Mar y Portos comienza además por la mejora de las instalaciones y habilitación de espacios en los puertos gallegos para que tengan en ellos cabida las numerosas embarcaciones tradicionales. Además, se aplicará una reducción del 90% en las tasas para este tipo de embarcaciones.
Santiago, 18 de novembro de 2010.- Portos de Galicia defende a construción dunha goleta de carga como elemento dinamizador da carpintería de ribeira e xenerador de emprego en Galicia. O presidente de Portos defendeu, na comisión 8ª de pesca e marisqueo, a construción desta goleta de carga suliñando que coa súa montaxe por carpinteiros de ribeira promoverá unha actividade que está en situación precaria e asegurará traballo a estes artesáns do mar ao tempo que cumprirá un compromiso coa cultura e patrimonio marítimo de Galicia.
A construción desta goleta é un paso máis dentro do compromiso da Consellería do Mar e Portos de Galicia coas embarcacións tradicionais baseado en tres liñas fundamentais. A primeira é a mellora das instalacións e habilitación de espazos nos portos de Galicia para que teñan cabida as numerosas embarcacións tradicionais.
En segundo lugar a aplicación dunha redución do 90% nas taxas para este tipo de embarcacións, que xa se leva a cabo desde primeiro deste ano e, en terceiro lugar, a estimulación da carpintería de ribeira con actuacións de potenciación e preservación do oficio e o patrimonio coma o caso da construción desta embarcación.
Por outra banda, conseguirá relanzar unha actividade artesanal e patrimonial en decadencia e “manterá o emprego no sector durante tres anos, que son os que se empregarán para a súa construción” mantivo o presidente de Portos.
Coa construción desta goleta Galicia ponse á altura de países que veñen consolidando o seu patrimonio marítimo dende hai anos con fórmulas semellantes como Noruega, Dinamarca, Holanda ou Francia.
[…] Actualizados : La Xunta dará cabida en los puertos gallegos a las embarcaciones tradicionales mejorando las in… Areces sobre Cascos: "Los que hoy dirigen el PP en Asturias no lo quieren aunque sí es […]
Me gustaMe gusta