El reparto eólico de Galicia beneficia sobre todo a Unión Fenosa, mientras Feijóo afirma que el nuevo concurso eólico generará 12.000 empleos y una inversion de 6.000 millones que en parte irá a los ayuntamientos

ACTUALIZACIÓN DEL 19 DE NOVIEMBRE

Gas Natural Unión Fenosa ha resultado la empresa más beneficiada en el reparto de 2.325 nuevos megavatios del sector eólico, que la Xunta ha anunciado este mediodía. La eléctrica ha recibido una concesión de 339 megavatios, por encima de los 303 de Norvento. Estela Eólica (186 megavatios), Airosa Vento (177), Enel (138) y Galenova (131) también están en los primeros puestos.

Un total de 37 empresas han recibido una cuota en el reparto del Gobierno gallego, que asegura que supone 6.000 millones de inversión y la generación de 14.000 puestos de trabajo. La empresa que menos asignación ha recibido es Iberdrola, con tan solo 2 megavatios.

—————————————————————–

O titular da Xunta subliña que, “por primeira vez”, este concurso eólico se fai conforme a unha lei, aprobada no Parlamento; e se adxudicará seguindo estritamente os criterios publicados na orde de convocatoria, polo que este concurso se está a levar “coa maior transparencia, coa maior seguridade xurídica e co maior respeto ambiental”

 El titular de la Xunta subraya que, por primera vez, el concurso eólico se hace conforme a una ley aprobada en el Parlamento, y que se adjudicará siguiendo estrictamente los criterios publicados en la orden de la convocatoria, por lo que este concurso conlleva «la mayor transparencia, la mayor seguridad jurídica y el mayor respeto ambiental»

FEIJÓO AFIRMA QUE COA RESOLUCIÓN DO CONCURSO EÓLICO GALICIA RECUPERA O LIDERADO EÓLICO E SUPORÁ O MAIOR PLAN INDUSTRIAL DA HISTORIA CUN INVESTIMENTO DE 6.000 MILLÓNS E 12.000 EMPREGOS

 Feijóo afirma que con la resolución esta semana del concurso eólico Galicia recupera el liderato eólico y que el concurso supondrá el mayor plan industrial de la historia de la región, con una inversión de 6.000 millones y 12.000 empleos.

  • Ningún parque eólico nuevo se instalará en la Red Natura
  • La Hacienda Pública percibirá a lo largo de la vida útil de los parques mill millones de euros procedentes del canon eólico, frente a los 0 euros que se lograron en el anterior concurso, que fue anulado
  • Además habrá un retorno económico para los ayuntamientos implicados de un mínimo de 120 millones de euros directos, «más los mil millones de euros de canon eólico que invertiremos en los concejos gallegos, partiendo de criterios medioambientales»

 

  • Destaca que ningún parque eólico novo se instalará en Rede Natura
  • A Facenda Pública percibirá ao longo da vida útil dos parques 1.000 millóns de euros só de canon eólico, fronte aos 0 euros do anterior concurso anulado
  • Subliña que tamén hai un retorno económico para os concellos dun mínimo de 120 millóns de euros directos, “máis os 1.000 millóns de canon eólico que investiremos nos concellos galegos con criterios medioambientais”
  • Di que “con este concurso cumpriremos o contrato electoral que tiña dúas partes: convocar un novo concurso e adxudicalo con criterios de transparencia e de legalidade”
  • Avanza que, hoxe, no Consello, se formalizou o apoio económico que a Xunta comprometeu desde o primeiro momento á factoría Vulcano, desbloqueando preto de 17 millóns de euros

 

Santiago, 19 novembro 2010.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que coa resolución, nos próximos días, da convocatoria eólica de admisión a trámite de 2.325 novos MW, Galicia recupera o liderado eólico de toda España e suporá, amais, o maior Plan industrial da historia da Comunidade, cun beneficio para a economía galega de 6.000 millóns de euros e a creación de 12.000 postos de traballo.  

 A poucos días de que se complete o maior proceso de concurso eólico, Feijóo explicou que o a Consellería de Economía e Industria presentou no Consello, as primeiras conclusións, “que nos permiten dicir que todo o proceso seguiu os criterios da Lei eólica e que todo o proceso se está a facer seguindo estritamente o criterio da convocatoria pública. Polo tanto, este concurso se está levando coa maior transparencia, coa maior seguridade xurídica e co maior respecto ambiental”.

 “Por primeira vez, este concurso eólico se fai conforme a unha lei -aprobada no Parlamento-; e este concurso eólico se adxudicará seguindo estritamente os criterios publicados na orde de convocatoria. Deste xeito, os que cumpran os criterios de convocatoria terán megavatios e os que non os cumpran non poderán telos”, aseverou.

 Feijóo incidiu así, en que “non se trata en consecuencia dun reparto, senón dun concurso”. “O Goberno non reparte, -dixo- o Goberno adxudica conforme a un concurso. En consecuencia, os que cumpren os requisitos teñen megavatios e os que con menos intensidade cumpren eses requisitos non poderán ter os megavatios que pretendían”.

 Transparencia, obxectividade e axilidade administrativa

Ao longo da rolda de prensa, o presidente da Xunta salientou que a Lei racionalizou o procedemento da autorización dándolle “transparencia e obxectividade”. “Desde o principio fixemos públicos os obxectivos, os criterios de avaliación, as empresas que se presentaron e o número de megavatios que solicitaban e, espero que nas próximas 48-72 horas a Consellerías de Economía e Industria, unha vez que a mesa peche definitivamente a súa valoración, faga pública as empresas que resulten adxudicatarias deste concurso eólico”.

 Así mesmo, subliñou que a Lei garantiu axilidade administrativa. “E proba disto é que cumpriremos e cumprimos o prazo dos 4 meses que nos dimos cando licitamos este concurso. Cumprimos os criterios da lei e cumpriremos os retos que nos marcamos para lograr que a maior convocatoria eólica só dependa e só teña que responder aos intereses xerais de Galicia”.

 Galicia, comunidade autónoma número 1 en megavatios

Logo de lembrar que, unha vez adxudicados os parques eólicos, Galicia será a comunidade autónoma “número un” en megavatios eólicos en toda España, destacou que ningún parque eólico novo se instalará en Rede Natura. “E tal e como comprometemos –engadiu- a concesión de 2.325 megavatios dará lugar ao Plan industrial máis grande que tivo Galicia”.

 Segundo explicou, ese plan industrial supón un beneficio para a economía galega de entre 5.000 e 6.000 millóns de euros fronte aos 3.700 millóns do anterior concurso anulado. “Entre 2.500 e 3.000 millóns de euros son os investimentos que mobilizará a construción dos parques e unha cantidade semellante, entre 2.500 e 3.000, serán os investimentos asociados aos plans industriais. Estamos falando, polo tanto, dun mínimo de 5.000 millóns ata 6.000 millóns, fronte aos 3.750 millóns de euros do anterior concurso”.

 1.000 millóns de euros de recadación de canon eólico

Amais de subliñar que se crearán entre 10.000 e 12.000 postos de traballo, “que perdurarán durante todo o tempo que dure a concesión eólica”, resaltou que a Facenda Pública percibirá ao longo da vida útil dos parques 1.000 millóns de euros só de canon eólico, “mentres que no anterior concurso, os ingresos para a Facenda autonómica era cero”.

 Así mesmo, asegurou que se garante que os propietarios dos terreos perciban as compensacións económicas e “xunto con beneficios para a economía galega entre 5.000 e 6.000 millóns de euros de investimento, beneficios para a Facenda autonómica entre 12.000 e 10.000 empregos directos e 1.000 millóns de recadación de canón eólico, tamén hai un retorno económico para os concellos dun mínimo de 120 millóns de euros directos, máis os 1.000 millóns de canon eólico que investiremos nos concellos galegos con criterios medioambientais”.

 Por último, Feijóo afirmou que, “con este concurso, entendemos que entre todos podemos recuperar o tempo perdido, podemos trasladar ao mercado laboral unha mensaxe de confianza entre 10.000 e 12.000 postos de traballo. E cumpriremos, tamén, un contrato; o contrato electoral que tiña dúas partes: convocar un novo concurso e adxudicalo con criterios de transparencia e de legalidade”.

 Preto de 17 millóns de euros para Vulcano

Por outra banda, o responsable do Executivo autonómico avanzou que, hoxe, se formalizou o apoio económico que a Xunta comprometeu desde o primeiro momento á factoría Vulcano. “En total, desbloqueamos para este fin preto de 17 millóns de euros, que se suman aos 4,3 millóns que finalmente aportará Pymar tras tres negativas”.

 Feijóo subliñou que, “grazas á presión firme e irrevogable da plantilla de Vulcano, da dirección de Vulcano e da Xunta de Galicia, hoxe, podemos confirmar que, definitivamente, ese buque sísmico poderá seguir construíndose e, espero, poderá entregarse nos prazos previstos mantendo así 1.000 empregos directos”.

 O presidente da Xunta considerou que “non debería ter sido necesario someter a este sector a unha tensión desta natureza, nin as 1.000 familias, nin ao sector dos estaleiros, nin a ría de Vigo, cunha inconsciente paralización e retraso consecutivo das cuestións que entendíamos estaban claras desde o principio”.  

3 comentarios sobre “El reparto eólico de Galicia beneficia sobre todo a Unión Fenosa, mientras Feijóo afirma que el nuevo concurso eólico generará 12.000 empleos y una inversion de 6.000 millones que en parte irá a los ayuntamientos

¿Y tú qué opinas de esto?