La Xunta negociará directamente con las compañías aéreas para mantener el número de líneas, pese a oponerse Coruña, Santiago y Vigo

Foto: taboleiro.es

Na reunión do Consello Xeral os concellos manifestaron o seu rechazo ao punto de partida para a negociación do mapa aéreo que se acordara no Comité Técnico do día 4

 

 

La Xunta negociará directamente con las compañías aéreas para mantener en 2011 el mismo número de líneas que este año “histórico”, en que Galicia contó con la mayor conectividad internacional. En la reunión del Consejo General los ayuntamientos manifestaron su rechazo al punto de partida para la negociación del mapa aéreo que se había acordado en el Comité Técnico del día 4. El conselleiro de Infraestructuras lamentó especialmente la actitud del alcalde de Vigo, “que sólo asistió al comité para reprochar a la Xunta los presupuestos que destina a las líneas aéreas, cuando su propio municipio destina cero euros a apoyar y promocionar el aeropuerto de Peinador”.

HERNÁNDEZ: “A XUNTA NEGOCIARÁ DIRECTAMENTE COAS COMPAÑÍAS AÉREAS PARA MANTER EN 2011 O MESMO NÚMERO DE LIÑAS QUE ESTE ANO HISTÓRICO, EN QUE GALICIA CONTOU COA MAIOR CONECTIVIDADE INTERNACIONAL”

 

  • O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas avanza que a Xunta non perderá nin un só minuto para garantir o mesmo número de destinos internacionais 
  • Sinala que a Xunta aposta polo criterio de país para repartir os orzamentos do Goberno galego, co obxectivo de “facer máis con menos”
  • Lamenta a actitude do alcalde de Vigo, que só asistiu ao Comité para recriminar á Xunta de Galicia os orzamentos que destina ás rutas aéreas, “mentres o propio concello destina cero euros a apoiar e promocionar o aeroporto de Peinador”

 

Santiago, 17 de novembro de 2010.- Ante a falta de acordo por parte dos concellos (Coruña, Santiago e Vigo) respecto da proposta de mapa de rutas aéreas para o ano 2011 nos tres aeroportos galegos, a Xunta de Galicia comprométese a negociar directamente e coa máxima urxencia coas compañías aéreas para garantir ao longo do vindeiro ano o mesmo número de conexións que en 2010, ano en que Galicia contou co maior número de destinos internacionais na súa historia.

 Cómpre sinalar que o punto de partida, acordado na reunión do Comité Técnico o pasado 4 de novembro foi, precisamente, o de manter o mesmo número de rutas de 2010, acordo que no día de hoxe non foi ratificado polo Consello Xeral do Comité, que ten que adoptar as decisións por unanimidade, debido ás posturas discrepantes dos propios concellos, representados na reunión desta mañá polos alcaldes de Vigo e Santiago e polo tenente de alcalde da Coruña.

 Así o confirmaron esta mañá os conselleiros de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e de Cultura, Roberto Varela, despois da reunión do Consello Xeral do Comité de Rutas, celebrado en Santiago.

 O conselleiro Hernández aclarou que a Xunta non perderá nin un só minuto para garantir a mobilidade dos galegos, xa que a accesibilidade ás rutas é o que realmente lle preocupa aos cidadáns, non o reparto dos orzamentos entre os concellos. “A preocupación da Xunta é garantir as liñas que estiveron operativas nun ano como este, que se pode considerar histórico, é dicir, que os cidadáns teñan acceso dende Galicia ao maior número de destinos posible”. Precisou que, en todo caso, o reparto económico entre os tres aeroportos será equitativo e equilibrado.

 Manifestou que dende a Secretaría Xeral de Turismo se traballará a reo con todas as compañías aéreas para conseguir o maior número de destinos posibles para esta Comunidade. En definitiva, trátase de optimizar os recursos actuais da Xunta (3 millóns de euros) e aplicar unha das máximas do actual Goberno, “facer máis con menos”.

 Hernández argumentou que, dende o primeiro momento, a Xunta traballou con lealdade para tratar de manter a conectividade dos tres aeroportos, pero ante a falta de acordo non pode perder nin un só minuto para acadar en 2011 o mesmo número de liñas que neste 2010, un ano histórico para Galicia e no que esta comunidade contou co maior número de destinos internacionais.

 Agustín Hernández lamentou a actitude do alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, que só asistiu ao Comité para recriminar á Xunta de Galicia os orzamentos que destina ás rutas aéreas, “mentres o propio concello destina cero euros a apoiar e promocionar o aeroporto de Peinador, que é o aeroporto da súa cidade”.

Anuncios

Un comentario sobre “La Xunta negociará directamente con las compañías aéreas para mantener el número de líneas, pese a oponerse Coruña, Santiago y Vigo

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s