Las investigaciones en el ‘Gran Burato’ confirman que existe gas en el subsuelo para explotar

JAVIER GUERRA SALIENTA QUE “EXISTEN INDICIOS FUNDADOS DA PRESENCIA DE GAS NO SUBSOLO” DA ZONA DO GRAN BURATO

 El conselleiro de Economía e Industria presentó el primer balance de la campaña de exploración del equipo de investigadores de la Universidad de Vigo en el ‘Gran Burato’. “Existen indicios fundados de la presencia de gas en el subsuelo”, dijo como conclusión principal. Javier Guerra trasladó la satisfacción del gobierno gallego por este resultado, dado que el Ejecutivo ha sido el promotor de las labores de exploración del mayor cráter submarino, producido por una erupción de gas, de los encontrados hasta ahora en el mundo. Situado en el margen continental occidental de Galicia, se le conoce como ‘Gran Burato’.

  • O conselleiro de Economía e Industria presentou as conclusións do primeiro balance da campaña de exploración do equipo de investigadores  do Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo no “Gran Burato”
  • Guerra trasladou a satisfacción do Goberno Galego, como promotor dos labores de exploración da morfoestrutura singular atopada na marxe continental occidental de Galicia, coñecida como  “O Gran Burato”
  • O responsable da Consellería de Economía e Industria explicou que o equipo científico ten transmitido á Xunta que “a colección de datos xeofísicos é de moi boa calidade”

 

 Santiago, 15 de novembro de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, salientou hoxe que “existen indicios fundados da presencia de gas no subsolo” da zona na que se sitúa a morfoestrutura singular atopada na marxe continental occidental de Galicia, coñecida como  “O Gran Burato”, na presentación das conclusións do primeiro balance da campaña de exploración feita polo equipo de investigadores  do Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo, baixo a dirección científica de Daniel Rey.

 Guerra sinalou que “a Xunta de Galicia está orgullosa de ter apostado, desde o primeiro momento, por este proxecto, como promotora dos labores de exploración do Gran Burato”. O conselleiro destacou que “a primeira conclusión que pode facerse é que a campaña foi un éxito, grazas ao rendemento dos equipos instrumentais, do persoal científico e técnico e da tripulación do BIO Sarmiento de Gamboa”.

 O responsable da Consellería de Economía e Industria explicou que o equipo científico ten transmitido á Xunta que “a colección de datos xeofísicos é de moi boa calidade”. Con todo, desde o Goberno Galego e tamén dende o equipo científico da Universidade de Vigo transmitiuse que “é preciso tratar este asunto con responsabilidade e prudencia, xa que a investigación non concluíu e, polo momento, non existen conclusións definitivas”.

 Neste sentido, o conselleiro precisou que “o procesamento dos datos xeofísicos refinarase en máquinas máis potentes, á vez que se realiza o estudo e análise das mostras. Asemade, os resultados interpretaranse en conxunto e só despois dunha análise detallada de todos os datos dispoñibles poderá comezar a establecerse a extensión e o posible interese económico destes achados”.

 O Buque Oceanográfico Sarmiento de Gamboa do CSIC , no seu calendario de 2010, asignou á Xunta de Galicia o seu uso durante 45 días . E desde a Consellería de Economía e Industria púxose o Buque a disposición do Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo durante unha campaña (de 15 días) que se realizou en dúas fases. A primeira fase orientada cara á obtención de datos xeofísicos, tivo lugar entre o 16/10/2010 e o 25/10/2010; mentres que a segunda, orientada ás mostraxes xeolóxicas, xeoquímicas e biolóxicas, desenvolveuse entre o 27/10/2010 e o 3/11/2010.

 Guerra adiantou que nun balance inicial, segundo os datos extraídos  na primeira fase chégase ás seguintes conclusións: confirmouse que o Gran Burato é unha depresión circular producida por un escape de gas moi importante; na zona estudada aparecen moitas outras estruturas de escape de gas similares a esta aínda que de menor entidade, e polo menos dúas estruturas máis dun tamaño semellante ao do gran burato, pero máis antigas, e atopáronse varias evidencias que suxiren a presenza de acumulacións locais de gas a máis profundidade no subsolo. Mentres que no segundo período da campaña, durante a mostraxe, identificouse un segmento como unha posible zona de interese para confirmar a presenza de hidratos de gas.

 Para concluír o conselleiro de Economía e Industria destacou que o Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo é “o máis apropiado para levar a cabo este proxecto, se temos en conta que liderou a campaña Marbanga, co apoio do Buque Oceanográfico Hespérides” na que se detectou un BSR (bottom-simulating reflector), xeralmente indicativo da presenza de gas, fronte ás costas Galicia, a uns 250 quilómetros ao oeste da ría de Muros e Noia, en augas españolas.

 O Gran Burato é o maior cráter submarino, producido por unha erupción de gas, dos atopados até o de agora no mundo. O cráter deste “Gran Burato” ten uns tres quilómetros de diámetro e está situado a unha profundidade de entre 2.500 e 2.800 metros

Anuncios

2 comentarios sobre “Las investigaciones en el ‘Gran Burato’ confirman que existe gas en el subsuelo para explotar

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s