La Xunta convoca a 750 nuevas pymes para que mejoren su competitividad gracias al Proyecto Medra

ECONOMÍA E INDUSTRIA CONVOCA A 750 NOVAS PEMES PARA QUE MELLOREN A SÚA COMPETITIVIDADE AO ABEIRO DO PROXECTO MEDRA

 Economía e Industria convoca a 750 nuevas pymes para que mejoren su competitividad gracias al proyecto ‘Medra’. Las presentaciones de este proyecto, desarrollado por la sociedad del Igape BIC Galicia, en colaboración con la Fundación para el Fomento de la Calidad y el Desarrollo, se desarrollarán hasta finales de año en las principales ciudades gallegas.

El proyecto Medra tiene como objetivo facilitar de forma gratuita a los gestores de las nuevas pymes las habilidades y capacidades necesarias para sortear la crisis, reforzarse en el mercado, y crece de manera sostenida.

  • Prevese a participación de 750 empresas nas presentacións do proxecto desenvolvido pola sociedade do Igape BIC Galicia, en colaboración coa Fundación para o Fomento da Calidade e o Desenvolvemento Tecnolóxico, que se celebrarán ata fin de ano nas principais cidades galegas
  • O proxecto Medra ten como obxectivo facilitar aos xestores de novas pemes, de xeito gratuíto, as habilidades e capacidades necesarias para sortear a crise, reforzarse no mercado e medrar de xeito sostido.
  • Joaquín Varela, salientou que a mellora da competitividade conforma unha das liñas estratéxicas de actuación impulsadas pola Consellería de Economía e Industria e que se aplica a través de BIC Galicia, mediante formación e asesoramento, e do Igape, con apoios financeiros
  • A directora de BIC Galicia, María Teresa Cancelo, estimou que poderán beneficiarse da primeira convocatoria do proxecto Medra unhas 30 pemes galegas cun máximo de catro anos funcionando

 

Santiago, 15 de novembro de 2010.-A Consellería de Economía e Industria prevé achegar a 750 pemes galegas creadas nos últimos anos as posibilidades de consolidación e crecemento que poden acadar mediante o novo proxecto Medra, que foi presentado polo director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, Joaquín Varela de Limia, e por María Teresa Cancelo, directora de BIC Galicia, a sociedade que desenvolve a iniciativa, contando coa colaboración da Fundación para o Fomento da Calidade e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. O proxecto Medra ten como obxectivo fundamental o de facilitar aos xestores de novas pemes, de xeito gratuíto, as habilidades e capacidades necesarias para sortear a crise, reforzarse no mercado e medrar de xeito sostido.

 Durante a presentación do Proxecto Medra, o director xeral do Igape, Joaquín Varela, salientou que a Consellería de Economía e Industria está a impulsar a mellora da competitividade das pemes galegas mediante apoios financeiros regulados a través de diferentes convocatorias de axuda do Instituto ou mediante accións de formación e asesoramento, das que se ocupa principalmente BIC Galicia. No caso do proxecto Medra, tamén colabora a Fundación para o Fomento da Calidad, que se ocupa, entre outras funcións, da selección das empresas convocadas; as sociedades obxectivo pertencen aos sectores de servizos (52%), industria (23%), construción (22%) e primario (3%); son, en todos os casos, pemes de non máis de catro anos de existencia e cun mínimo de 5 traballadores.

 María Teresa Cancelo destacou que mediante o Proxecto Medra BIC Galicia achegará apoio continuado a empresas de recente creación para que poidan mellorar a súa capacidade competitiva e consolidarse no mercado como sociedades xeradoras de riqueza e emprego. Á parte das 750 empresas que se prevé participen nas sesións de concienciación sobre a necesidade de incrementar a competitividade que se desenvolverán durante as próximas semanas, unhas 30 empresas poderán beneficiarse da implantación directa do Proxecto Medra.

 O proxecto Medra vai dirixido tanto a empresas en fase de nacemento como a pemes que se atopan na fase de consolidación –ata 4 anos de existencia- e basease nunha estratexia de formación vinculada á acción para propiciar un cambio e melloras sustentables nas novas empresas; o proxecto contemplará as necesidades específicas de cada empresa, atendendo ao principio de personalización. Durante as próximas semanas, as presentacións do proxecto aos empresarios interesados desenvolveranse en Santiago (15 de novembro), A Coruña (17), Vigo (22), Ferrol (23), Pontevedra (día 24) Lugo (25 de novembro),  e Ourense (2 de decembro).

 O desenvolvemento do Proxecto Medra inclúe unha primeira fase de auto-diagnóstico asistido por consultores facilitadores para coñecer a tipificar as características xerais da empresa interesada; unha segunda fase consistirá na elaboración dunha visión de futuro onde se define o proxecto futuro da empresa; a terceira fase acollerá diferentes itinerarios de formación-acción onde os xestores das empresas participantes, asistidos por titores, poderán avanzar en ámbitos como a profesionalización, desenvolvemento e expansión comercial, innovación ou internacionalización dos seus proxectos empresariais; e a cuarta etapa, a de aplicación, consistirá na impartición da formación e das accións de consultoría correspondentes aos itinerarios escollidos.

Un comentario sobre “La Xunta convoca a 750 nuevas pymes para que mejoren su competitividad gracias al Proyecto Medra

¿Y tú qué opinas de esto?