-El gobierno autonómico aboga por incrementar el prestigio social del gallego para darle más fuerza

“É NECESARIO AFONDAR NO PRESTIXIO SOCIAL DO GALEGO PARA FAVORECER A SÚA VITALIZACIÓN”, ASEGURA ANXO LORENZO

 El secretario general de Política Lingüística de la Xunta aboga por promover el prestigio social del gallego para revitalizarlo. Anxo Lorenzo participó en la inauguración este mes del Foro Mugardos Lengua y Sociedad, que promueve la Fundación Carlos Casares

  • O secretario xeral de Política Lingüística participou  na inauguración do Foro Mugardos Lingua e Sociedade, que promove a Fundación Carlos Casares

Mugardos (A Coruña), 27 de outubro de 2010.- O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, destacou a necesidade de “afondar no prestixio social do galego para avanzar no seu proceso de vitalización”. Así o afirmou durante a inauguración do I Foro Mugardos Lingua e Sociedade, sobre O prestixio social do galego, que tivo lugar no Pazo de Rilo desta localidade coruñesa.

O responsable de Política Lingüística afirmou durante a presentación que para lograr un incremento dos usos do galego, así como do número dos seus falantes, “o prestixio social é un piar fundamental”. En consecuencia, dixo Anxo Lorenzo, “temos que favorecer unha visión útil do galego e que sexa percibido polos cidadáns como unha lingua de prestixio”.

Anxo Lorenzo tamén agradeceu o labor da Fundación Carlos Casares, que promove esta iniciativa, así como o das entidades colaboradoras, entre as que se atopan o Concello de Mugardos, Forestal e Gadisa. A Secretaría Xeral de Política Lingüística tamén contribúe con I Foro Mugardos Lingua e Sociedade a través do convenio de colaboración que ten subscrito coa Fundación Carlos Casares.

 O Foro Mugardos Lingua e Sociedade

O Foro Mugardos Lingua e Sociedade, que este ano leva o título O presitixio social do galego, celébrase no Pazo de Rilo (Mugardos).

Nel participan especialistas galegos e estranxeiros como Glyn Williams, Gabriel Rei-Doval, Xosé Luís Barreiro, Valentín García Gómez, Joan Argenter ou Fernando Ramallo, que falaron sobre como se constrúe o prestixio das linguas socialmente minoritarias, que variables definen ese prestixio e como se pode actuar sobre elas.

Esta primeira edición do foro, que ten vocación de continuidade, está destinada ao público xeral interesado no tema, aínda que tamén centrando a atención sobre lingüistas, sociólogos, profesionais de servizos de normalización, axentes e intermediarios culturais, estudantes etc. Preténdese un debate teórico sobre o tema, sempre dende unha óptica construtiva, así tamén apuntar algunha liña posible de actuación inmediata.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s