
PRETO DE 200 XÓVENES POUDERON INSCRIBIRSE A PARTIR DO 4 DE OUTUBRO PARA REALIZAR PRÁCTICAS LABORAIS NOUTROS PAÍSES EUROPEOS
Cerca de 200 jóvenes pudieron inscribirse a partir del 4 de octubre para realizar prácticas laborales en otros países europeos. El programa Mogal de la Xunta permitirá a los participantes trabajar en empresas de Italia, Francia, Irlanda y Holanda entre noviembre de este año y diciembre de 2011
- O programa Mogal, xestionado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, permitirá aos participantes traballar en empresas de Italia, Francia, Irlanda e Holanda entre novembro deste ano e decembro de 2011
- Este proxecto é unha das iniciativas que se abordaron no marco do “Seminario de responsables de políticas nacionais, rexionais e locais de Xuventude” na capital galega
- No congreso participaron representantes de España, Rusia, Ucraína, Moldavia, Armenia, Grecia, Italia, Bulgaria, Portugal, Romanía e Hungría
- A Xunta xa está pechando acordos, no marco desta xuntanza, para organizar intercambios con outros destinos nos últimos meses do ano
Santiago, 24 de outubro de 2010.- Preto de 200 mozos e mozas galegas pouderon inscribirse, a partir do 4 de outubro, no programa “Mogal”, unha iniciativa que lles permitirá realizar prácticas laborais en empresas de Italia, Francia, Irlanda e Holanda entre novembro de 2010 e decembro de 2011.
De feito, este programa, que xestiona a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude, é un dos proxectos que se abordó no marco do “Seminario de responsables de políticas, nacionais, rexionais e locais de Xuventude”, en Santiago de Compostela.
Neste congreso participaron representantes de España e doutros dez países europeos: Rusia, Ucraína, Moldavia, Armenia, Grecia, Italia, Bulgaria, Portugal, Romanía e Hungría. O seu obxectivo é ser un foro para o intercambio de coñecementos e experiencias que en materia de xuventude están a poñer en marcha os distintos membros da Unión Europea e dos países europeos non asociados.
Por iso, a Xunta fixo especial fincapé nos seus programas de mobilidade, entre o que destaca o Mogal, que este ano duplica as súas prazas, xa que o ano pasado participaron no mesmo un centenar de mozos e mozas. Neste exercicio, o proxecto conta cun investimento de máis de 500.000 euros que achega a Unión Europea e o propio Goberno galego.
A Dirección Xeral de Xuventude presentou tamén o programa “Xuventude no mundo”, que se puxo en marcha por primeira vez este ano, e que está permitindo, xa actualmente, que 120 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos teñan a oportunidades de participar en intercambios xuvenís coa mocidade en sete países europeos.
O seminario, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar, ten como un dos seus obxectivos prioritarios conseguir unha ampliación do número de países socios que participen nos seus programas de mobilidade.
De feito, os traballos están avanzando a bo ritmo dentro deste seminario, no que se acordou que, nos vindeiros meses, mozos e mozas galegas poderán visitar os seguintes países ou cidades: San Petersburgo, Moldavia, Ucraína, Italia ou Hungría. En cada intercambio –proxectos propios da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado- participarán entre 10 e 12 persoas. Pola súa banda, a mocidade destes países visitaría Galicia durante o próximo ano.
Este esforzo por ampliar as posibilidades dos intercambios entre a mocidade inscríbese na aposta da Xunta de Galicia pola mobilidade xuvenil, un compromiso que se reflicte na Estratexia Xuventude 2010-2013, que recolle este punto como un eixo estratéxico.
[…] Actualizados : Cerca de 200 jóvenes gallegos realizarán prácticas laborales en países europeos … Asturias pone en marcha visitas virtuales a los monumentos prerrománicos Semana Cultural de la […]
Me gustaMe gusta