Turgalicia promociona a lo largo de esta semana el golf en Galicia como atractivo turístico

TURGALICIA PROMOCIONA AO LONGO DESTA SEMANA O GOLF EN GALICIA PARA O COLECTIVO SÉNIOR E OS AXENTES MINORISTAS

 Turgalicia promociona a lo largo de esta semana el golf en Galicia para el colectivo sénior y los agentes minoristas.

Asociaciones sénior de golf de España y de Portugal participaron esta semana en la primera jornada del Torneo Peregrinación 2010, en las instalaciones del golf balneario de Mondariz.

  • Asociacións sénior de golf de España e de Portugal participan na celebración da primeira xornada do Torneo Peregrinación 2010, nas instalacións do Golf Balneario de Mondariz.
  • Con estas accións, a Consellería de Cultura e Turismo pretende facilitar a comercialización do produto golf de Galicia mediante a súa introdución nas canles de comercialización, servir de enlace entre o golf e a industria local e facilitar a presentación da oferta de campos e de servizos turísticos mediante un produto estratexicamente diferenciado.

 

Santiago, 20 de outubro de 2010.- A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Consellería de Cultura e Turismo, promocionará ao longo desta semana a prática do golf en Galicia a través do torneo Peregrinación 2010, que se celebra entre o 18 e o 20 de outubro,  e o IV Torneo Nacional de Axentes Minoristas, que terá lugar entre o 22 e o 24 deste mesmo mes.

 Ao obxecto de posicionar entre o colectivo sénior español –mulleres de máis de 50 anos e homes de máis de 55 anos- a oferta de golf de Galicia, Turgalicia organiza o torneo Peregrinación 2010, en colaboración coa delegación en Galicia da Asociación Española de Séniors de Golf (AES) nas instalacións  do golf Balneario de Mondariz. Logo dos adestramentos que tiveron lugar onte no Balneario de Mondariz, hoxe celebrarase a primeira xornada do torneo de peregrinación, coa participación de asociacións sénior de golf de España e Portugal.

 A AES conta cun total de 7.300 xogadores masculinos asociados e 2.850 xogadoras femeninas, que constitúen un público obxectivo de primeira orde para Galicia como destino turístico.

 Obxectivos

Así, coma principais obxectivos desta acción de promoción do golf en Galicia habería que destacar o posicionamento da comunidade galega como un destino ideal para o xogador de golf sénior. Ademais, preténdese atraer os xogadores nacionais desta categoría, ofrecéndolles unha alternativa turística diferenciada.

 Con esta acción, preténdese facilitar a comercialización do produto golf de Galicia mediante a súa introdución nas canles de comercialización, servir de enlace entre o golf e a industria local e facilitar a presentación da oferta de campos e de servizos turísticos mediante un produto estratexicamente diferenciado.Nese sentido, tal e como marca o Plan de Acción de Golf de Galicia 2010-2013, márcase como unha das prioridades a combinación de tres atributos específicos integrados nas fortalezas da oferta turística de Galica: termalismo, gastronomía e coampos de golf.

 O Plan de Golf 2010-2013 lanzado pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, está valorado en 1 millón de euros e ten como principal obxectivo conseguir que o golf se converta nun recurso turístico que potencie a chegada de novos turistas a Galicia.

Anuncios

2 comentarios sobre “Turgalicia promociona a lo largo de esta semana el golf en Galicia como atractivo turístico

  1. Buenos días y gracias por la información proporcionada. Para aquellas personas interesadas en el golf y, a su vez, en visitar nuestra tierra gallega disponen en nuestra web (www.turgalicia.es) de toda la información que necesitan. Para consultar los campos de golf les facilito el siguiente link: http://www.turgalicia.es/sit/form_busqueda.asp?ctre=3212&cidi=E&menu=7&subMenu_1=4 . Reciban un cordial saludo desde Turgalicia.

    Me gusta

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s