Las cofradías gallegas arrancan un proyecto para mejorar la gestión de la pesca de bajura

Trátase dunha iniciativa do grupo de traballo de Sostibilidade da Actividade Extractiva da Plataforma Tecnolóxica TECNOPEIXE

 A FEDERACIÓN GALEGA DE CONFRARÍAS PON EN MARCHA UN PROXECTO PARA MELLORAR A XESTIÓN DA PESCA DE BAIXURA

 La Federación Gallega de Cofradías pone en marcha un proyecto para mejorar la gestión de la pesca de bajura

  • A Consellería do Mar colabora na iniciativa, na que tamén traballan o Centro Tecnolóxico do Mar, o Instituto Español de Oceanografía, o Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e grupos de investigación das tres universidades galegas.

 

Vigo, 18 de outubro 2010.-  Identificar e aplicar melloras na xestión da pesca de baixura que garantan a sustentabilidade desta actividade a longo prazo é o obxectivo do proxecto que a Federación Galega de Confrarías está a por en marcha no seo do grupo de traballo de Sostibilidade da Actividade Extractiva da Plataforma Tecnolóxica TECNOPEIXE, do que é entidade dinamizadora.

A Consellería do Mar colabora nesta iniciativa, na que toman parte ademais o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, o Instituto Español de Oceanografía, o Instituto de Investigaciones Marinas-CSIC e grupos de investigación das tres universidades galegas.

 O proxecto, que pretende ser unha proposta integradora de capacidades de I+D+I e do sector da baixura en Galicia, será presentado nas próximas semanas a todos os integrantes do devandito grupo de traballo co fin de obter o seu apoio.

A ideal inicial é procurar unha análise da situación dos recursos e do medio para poder identificar as unidades de xestión e, paralelamente, abordar o ámbito socioeconómico e identificar as actuacións que posibiliten unha maior eficacia nas estratexias de comercialización ou na xestión económica, entre outros aspectos.

 A Consellería do Mar, que xa ten participado en diferentes reunións promovidas pola Federación Galega de Confrarías, xa mostrou a súa disposición a colaborar no proxecto aportando a información necesaria para o desenvolvemento dos traballos e, se é o caso, o apoio dos técnicos do departamento autonómico. Pola súa banda, a Fundación CETMAR, que é parte activa no grupo de traballo como secretaría técnica de TECNOPEIXE, posibilitou a cooperación dos expertos que están a traballar no deseño desta iniciativa e está a identificar a estratexia para conseguir o financiamento necesario para a súa execución. 

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s