La Xunta de Galicia ataca a los mariscadores de A Coruña por dejar el “campo abierto” a los furtivos

ROSA QUINTANA LAMENTA  A ACTITUDE DOS MARISCADORES DA CORUÑA

Foto: rtve.es

La conselleira del Mar, Rosa Quintana, lamenta que la actitud de los mariscadores de A Coruña deje “campo abierto” a los furtivos.  Dice que son los propios mariscadores los que rechazan extraer marisco de sus bancos marisqueros, “cuando saliendo a trabajar podrían tener ingresos de sus capturas en el mercado por los cauces legales”.

Los mariscadores coruñeses cobraron en los primeros siete meses de 2010 un total de 96 días, cuando su plan de explotación marisquera contemplaba 80 días para todo el año

  •  A conselleira reitera que son os propios mariscadores os que rexeitan extraer marisco dos seus bancos marisqueiros
  • Os mariscadores coruñeses cobraron nos 7 primeiros meses 2010 un total de 96 días cando o seu plan de explotación marisqueira contemplaba 80 días para todo o ano

 

A Coruña, 15 de outubro de 2010.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, lamentou que os mariscadores da Ría do Burgo que  “deixen campo aberto aos furtivos, que se están a levar o produto dos seus bancos marisqueiros”. Quintana lamentou que os mariscadores se neguen a explotar a súa zona “cando saíndo a traballar podían ter ingresos poñendo as súas capturas no mercado polos cauces legais”.

 A conselleira lembrou que mantivo varias reunións con representantes da confraría para tratar de buscar solucións conxuntas e que foi a propia confraría a que rexeitou renovar o convenio no que o seu departamento ofrecía as axudas proporcionais á única parte da Ría do Burgo que queda catalogada como zona C.  Así, explicou que, aínda que o plan de explotación marisqueiro aprobado pola confraría contemplaba 80 días de traballo para todo o ano “chegaron a cobrar un total de 96 días poos sete primeiros meses do ano”. A maiores, rexeitaron para o terceiro cuadrimestre a achega de 82 euros diarios correspondente á actividade de 24 días para os maricadores de a pé e de 15 días para os profesionais de a flote.

 Ao respecto, a conselleira apuntou que manterá outra xuntanza co pósito coruñés en canto teña as conclusións dos estudos que se realizaron para avaliar a cantidade de recurso que existe no banco marisqueiro. Estas conclusións, que estarán listas aproximadamente en 15 días, determinarán o futuro plan de explotación dos recursos de marisqueo na Ría do Burgo.  A titular de Mar incidiu na importancia de “diferenciar e non confundir os lodos e os fangos coa calidade da auga para o cultivo dos moluscos que é apta para faenar, tal e como demostran as analíticas que desenvolve rigorosamente o Intecmar”.

 A conselleira fixo fincapé no importante esforzo para minorar e erradicar o furtivismo que está a facer o Servizo de Gardacostas en coordinación coa Unidade Adscrita a Policía Autonómica e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado “de xeito especial na Ría do Burgo”.

Neste sentido cabe salientar os 36 operativos especiais que se desenvolveron nesta zona dende que se reunise a Mesa do Burgo, grazas aos que se incrementaran as incautacións nun 625 % dende decembro de 2009. Ademais dos operativos, a Consellería desenvolve controis e inspeccións que se fan “a diario” en establecementos, prazas de Abastos, restaurantes e peixerías.

 A loita contra o furtivismo é unha das prioridades do departamento que dirixe Rosa Quintana, que, no seu empeño de erradicar este problema, comprometeuse a publicar o informe que está a elaborar a Fiscalía sobre a posibilidade de tipificar o furtivismo como delicto. “Nós reclamamos que debería ter esa consideración xa que se trata dun delicto contra o medio ambiente e contra a saúde pública”, afirmou.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s