El Centro Superior de Hostelería de Galicia comienza nuevo curso con 400 alumnos

ROBERTO VARELA INAUGURA O CURSO ACADÉMICO 2010/11 DO CENTRO SUPERIOR DE HOSTELERÍA DE GALICIA QUE ESTE ANO CONTA CON 400 ALUMNOS

El conselleiro de Cultura y Turismo inaugura el curso académico del Centro Superior de Hostelería de Galicia, que este año cuenta con 400 alumnos

  • O conselleiro de Cultura e Turismo desexou aos alumnos “éxito no voso novo camiño como está a ter Galicia co Xacobeo 2010”. “Ao fin, ese tamén é un gran trunfo do turismo e de todos os galegos”, asegurou.
  •  O primeiro evento académico do curso no CSHG consistiu nunha sesión de ‘coaching’ impartida polo consultor Carlos Andreu. O acto contou tamén coa presenza da directora xerente de Turgalicia,  a directora do CSHG,  a vicerreitora de Estudos de Grao e Posgrao da USC e o presidente da Confederación de Hostelería de Galicia.

 

Santiago, 12 de outubro de 2010.- Catrocentos alumnos comezan o curso académico 2010-2011 no Centro Superior de Hostelería de Galicia, dependente da Consellería de Cultura e Turismo e adscrito á Secretaría Xeral para o Turismo. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e a directora do CSHG, Patricia Cuevas, inauguraron onte o curso no pavillón polideportivo do centro onde, a continuación, tivo lugar o primeiro evento académico do curso que consistiu nunha sesión de coaching a cargo do consultor Carlos Andreu.

No acto estiveron ademais presentes a directora xerente de Turgalicia, Carmen Pita; a vicerreitora de Estudos de Grao e Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Eva Castro; e o presidente da Confederación de Hostelería de Galicia (CEHOSGA), Héctor Cañete.

Na súa intervención, o conselleiro Roberto Varela desexou aos alumnos “éxito no voso novo camiño”. “Se me permitides a comparación, deséxovos tanto éxito como está a ter Galicia co Xacobeo 2010” asegurou, xa que “ao fin, ese tamén é un gran trunfo do turismo e de todos os galegos”. O conselleiro de Cultura e Turismo asegurou que para conseguir os obxectivos, “necesítaredes esforzo e perseveranza, virtudes que desexo que todos cultivedes durante este curso que comeza”.

Neste sentido, afirmou que o “salto continuo das materias de xestión ás materias prácticas suporá un esforzo adicional que teredes que asumir” polo que “vos suxiro que pensedes tendo en conta a operativa do establecemento y que actuedes sobre ela como homes de xestión”. Segundo o conselleiro, “no voso camiño contaredes coa axuda de todo o claustro de profesores do Centro e de todo o persoal que garante o seu correcto funcionamento, encontraredes neles preparación e traballo, comprensión e estima, motivación e esixencia”, relatou o conselleiro. “Eles son a clave do éxito destes 15 anos”, resumiu.

O conselleiro de Cultura e Turismo transmitiulles aos alumnos que a súa elección desta “opción de estudos é tamén dun estilo de vida, que resulta tan atractivo como esixente para conformar o perfil dun profesional prometedor”. “Para aqueles de vós que buscades encontrar o voso lugar, comprenderedes que a industria turística ten o mundo como ubicación, un mundo que se fará cada vez máis pequeno a medida que progresedes na vosa carreira profesional”, apuntou Roberto Varela. Nas súas palabras, o conselleiro animou aos estudantes a afrontar o reto de “miles de hoteis e restaurantes nos destinos máis variados que vos agardan esperando as vosas ideas, a vosa creatividade, a vosa iniciativa e, sobre todo, a vosa ilusión”.

Na conferencia titulada ‘Eu S.L., a xestión dun mesmo”, Carlos Andreu disertou sobre a calidade persoal e a potenciación do desenvolvemento persoal como ferramentas para conseguir un mellor desempeño profesional aos alumnos do Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras e Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña. Andreu realizou un monólogo motivante, cargado de forza e autoestima e no que abordou os temas citados rodeados de gran cantidade de consellos prácticos que lles permitirán aos alumnos levarse a casa, non só o disfrutar dun bo momento, senón tamén, unha serie de accións que poidan poñer inmediatamente en práctica para xestionar mellor as súas vidas profesionais.

Novo curso académico

Este ano matriculáronse 110 novos alumnos que inician un novo periplo formativo para ser directivos e xestores hosteleiros. Por titulación, 48 alumnos fan Certificado de Elaboración e Xestión de cociña, 230 o Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras e 110 o Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras.

O CSHG caracterízase por ofrecer unha formación de calidade en contacto coa realidade do sector, que lle reporta o recoñecemento dos empresarios dentro e fóra da comunidade galega. Un dos sinais de identidade son as prácticas tuteladas en empresas stage prácticos que se realizan cada ano en empresas tanto de España como do resto de países de Europa, África e América, e que son unha materia do Plan de Estudos.

O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) está na Barcia, en Santiago de Compostela. Integrado na Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, TURGALICIA, S.A. e vinculado á Universidade de Santiago de Compostela (USC), iniciou o seu labor docente en 1994 co obxectivo de satisfacer unha demanda do sector turístico e da hostelería de Galicia. Na actualidade conta con 400 alumnos, futuros directivos hosteleiros e máis de 1.400 alumnos que traballan en establecementos de Galicia e España, ademais doutros 60 países.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s