La Xunta respalda la reactivación de los astilleros Vulcano en Vigo y exige a Industria que colabore

ECONOMÍA E INDUSTRIA RESPALDA A REACTIVACIÓN DE VULCANO E ESIXE A PYMAR E AO MINISTERIO DE INDUSTRIA COMPROMISO CO ESTALEIRO

La Xunta respalda la reactivación de Vulcano y exige a Pymar y al Ministerio de Industria compromiso con los astilleros y que se impliquen en su reactivación. El gobierno gallego se ha comprometido con la dirección y comité de empresa de Factorías Vulcano a encontrar financiación para que puedan concluir la construcción del buque sísmico.

 

  • O director xeral de Industria, Ángel Bernardo Tahoces, traslada á dirección e ao comité de empresa de Factorías Vulcano o compromiso da Xunta para atopar financiamento para o remate do buque sísmico
  • O departamento que dirixe Javier Guerra esixirá ao Ministerio de Industria e a Pymar implicación na reactivación do estaleiro

 

Vigo, 9 de outubro de 2010.- A Consellería de Economía e Industria amosou hoxe de novo o seu compromiso coa reactivación de Factorías Vulcano. O director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, mantivo un encontro coa dirección do estaleiro e o comité de empresa en Vigo para trasladarlles o respaldo do departamento que dirixe Javier Guerra e o Goberno da Xunta para concentrar todos os esforzos co obxectivo de retomar a actividade no estaleiro.

 O director xeral de Industria trasladou á dirección do estaleiro e ao comité de empresa o compromiso da Xunta para atopar o financiamento necesario para a finalización do buque sísmico en carteira. Ángel Bernardo Tahoces avanzou ao remate do encontro, que facilitou o levantamento do peche dos traballadores, que a Xunta convocará formalmente ao estaleiro, a Pymar e ao Banco Popular a unha reunión na que tamén estará presente o Igape na que se estudarán os mecanismos financeiros que sexan precisos para poder rematar a construción do buque e se esixirá a implicación de Pymar e do Ministerio de Industria.

 “Ten que quedar moi claro que a Xunta está involucrada dende o primeiro momento na reactivación de Vulcano, e queremos que Pymar e o Ministerio de Industria se impliquen tamén na tarefa para atopar financiamento para o remate do buque”, apuntou o director xeral de Industria, quen recordou ademais que o pasado xoves o Consello da Xunta aprobou unha nova achega ao Fondo de Garantías de Pymar de 2,6 millóns de euros, que se suman aos 8 xa achegados e aos 5 que están comprometidos para o 2011, e por eso queremos que o Ministerio de Industria e Pymar demostren o mesmo compromiso que nos xa temos demostrado”.

Un comentario sobre “La Xunta respalda la reactivación de los astilleros Vulcano en Vigo y exige a Industria que colabore

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s