Feijóo lanza su tercera rebaja fiscal del 20% del IRPF a las empresas, pero con condiciones

“Non vamos a improvisar. Traballar cos principios de rigor, de contención do gasto público, de prudencia e de planificación é a nosa maneira de entender a xestión pública e iso é o que buscamos con esta rebaixa fiscal que se introduce na Lei de Orzamentos para o vindeiro exercicio 2011”, asevera

Feijóo: “No vamos a improvisar. Trabajaremos con los principios de rigor, de contención del gasto público, de prudencia y de planificación, que es nuestra manera de entender la gestión pública. Eso es lo que buscamos con esta rebaja fiscal que se incluirá en la Ley de Presupuestos para el próximo ejercicio 2011

 

FEIJÓO DESTACA QUE OS INCENTIVOS FISCAIS PARA CAPITALIZAR EMPRESAS ESTARÁN CONDICIONADOS A ATRAER INVERSIÓNS QUE CREEN EMPREGO EN GALICIA E A QUE SE MANTEÑA A PARTICIPACIÓN UN MÍNIMO DE TRES ANOS

 El jefe del Ejecutivo gallego destaca que los incentivos fiscales para capitalizar empresas estarán condicionados a atraer inversiones que creen empleo en Galicia y que se mantega la participación un mínimo de tres años

  • Esta terceira rebaixa fiscal conta con tres condicionantes: as empresas teñen que ter o seu domicilio social e fiscal en Galicia; as ampliacións de capital e participacións teñen que manterse como mínimo durante 3 anos; e a ampliación de capital terá que conlevar contrato laboral a xornada completa como mínimo de 2 traballadores
  • Os beneficiarios deducirán na cota do IRPF o 20% das cantidades investidas ata un máximo de 4.000 euros
  • Aplicarase a mesma dedución do 20% do IRPF a sociedades que podan cotizar no Mercado Alternativo Bursátil, a fin de que as empresas de mediano tamaño podan capitalizarse con máis facilidade
  • Elimínase o límite de idade para poder beneficiarse dunha dedución de 300 euros na cota do IRPF para novos empresarios ou profesionais co fin de favorecer o autoemprego
  • A Xunta segue a traballar na internacionalización do tecido empresarial galego e desbloquea unha inxección económica de 2 millóns de euros que permitirá abrir unha nova vía de colaboración cos galegos na diáspora

 

Santiago, 9 de outubro de 2010.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a terceira rebaixa fiscal que se incluirá nos orzamentos de 2011, baseada en incentivos fiscais para capitalizar empresas, estará condicionada a traer inversións que creen emprego en Galicia e a que se manteña a participación un mínimo de tres anos.

 “Esta terceira rebaixa fiscal –dixo- reforzará o modelo económico da Xunta baseado en xestionar os gastos con responsabilidade e crear confianza para investir en Galicia. Non vamos a improvisar. Traballar cos principios de rigor, de contención do gasto público, de prudencia e de planificación é a nosa maneira de entender a xestión pública e iso é o que buscamos con esta rebaixa fiscal que se introduce na Lei de Orzamentos para o vindeiro exercicio 2011”.

 Co obxecto de xerar confianza, Feijóo afirmou, deste xeito, que o Goberno galego dá una paso máis cunha terceira rebaixa fiscal que ten un obxectivo claro: “incentivar fiscalmente a xente que quere meter diñeiro en ampliacións de capitais de empresas con domicilio social e fiscal en Galicia”.

 O presidente da Xunta explicou que esta rebaixa fiscal conta con tres condicionantes fundamentais: as empresas teñen que ter o seu domicilio social e fiscal en Galicia; as ampliacións de capital e participacións teñen que manterse como mínimo durante 3 anos; e a ampliación de capital terá que conlevar contrato laboral a xornada completa como mínimo de 2 traballadores.

 No tocante aos incentivos desta medida, Feijóo destacou os seguintes: dedución no IRPF pola adquisición de accións e participacións sociais que pode alcanzar ata o 20% do capital aportado ata un máximo de 4.000 euros; aplicación da mesma dedución do 20% do IRPF a sociedades que podan cotizar no Mercado Alternativo Bursátil, a fin de que as empresas de mediano tamaño podan capitalizarse con máis facilidade; e eliminación do límite de idade para poder beneficiarse dunha dedución de 300 euros na cota do IRPF para novos empresarios ou profesionais co fin de favorecer o autoemprego. 

 Así mesmo, subliñou que “se manteñen todas as liñas do IGAPE para que aqueles que queiran ampliar o capital en empresas galegas poidan ter o 100% de aval desa ampliación do capital”.

 Feijóo lembrou que a redución dos impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados para as familias numerosas e para os menores de 36 anos; e a rebaixa entre un 33 e un 25% dos impostos de transmisións patrimoniais e de actos xurídicos documentados para adquirir unha vivenda, para rehabilitar unha vivenda ou para cambiar o préstamo hipotecario sen custes; son as outras dúas rebaixas fiscais que o Goberno galego puxo en marcha.

 Internacionalización do tecido empresarial galego

Sobre a internacionalización do tecido empresarial galego, Feijóo avanzou que a Xunta desbloqueou unha inxección económica de 2 millóns de euros que permitirá abrir unha nova vía de colaboración cos galegos na diáspora con varios obxectivos: colaboración para os galegos que queiran facer negocios no exterior; colaboración para favorecer o intercambio comercial e a procura de socios para os emprendedores galegos; e colaboración para a celebración do 4º Encontro de empresarios e profesionais galegos en Rede.

 Feijóo afirmou que “todas as axudas teñen que ter un proxecto detrás. E ese proxecto será avaliado e as axudas serán concedidas en función do impacto na economía galega. Polo tanto, reforzamos o papel de enlace dos empresarios galegos no exterior, pero vamos a medir con exactitude cáles son os proxectos que teñen éxito e aqueles que non chegan ao éxito pretendido”.

 O responsable do Executivo galego afirmou que a Xunta seguirá a traballar neste eido. “Temos instrumentos para facelo -as asociacións na diáspora, as plataformas empresariais-; e temos vontade e recursos: en total 11 liñas de apoio á internacionalización cun 57% máis de recursos que o pasado 2009; e un Plan de Exportacións, que en 2009 viu incrementados os recursos nun 15%; e nun 35% respecto a 2010”.

Un comentario sobre “Feijóo lanza su tercera rebaja fiscal del 20% del IRPF a las empresas, pero con condiciones

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s