Beatriz González Loroño, designada gerente de la Fundación Cidade da Cultura de Galicia

O PADROADO DA FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA DE GALICIA APROBA A DESIGNACIÓN DE BEATRIZ GONZÁLEZ LOROÑO COMO DIRECTORA XERENTE, A PROPOSTA DO CONSELLEIRO DE CULTURA E TURISMO

El Patronato de la Fundación Cidade da Cultura de Galicia aprueba la designación de Beatriz González Loroño como directora gerente, a propuesta del consejero de Cultura y Turismo

 

  • A nova directora xerente asume esta nova responsabilidade cun profundo coñecemento do proxecto xa que ata agora ocupaba o posto de Directora Económico-Financeira da Fundación.
  • A súa elección supón unha aposta polas liñas de traballo postas en marcha de cara á nova etapa que inicia a Cidade da Cultura coa próxima apertura do Arquivo e da Biblioteca de Galicia.

 

Santiago, 8 de outubro de 2010.- Beatriz González Loroño foi designada esta tarde directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia. A decisión adoptárona os membros do padroado da Fundación Cidade da Cultura de Galicia a proposta do presidente do padroado, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela. Beatriz González Loroño substitúe a Silvia Domínguez Skegro, quen presentou a súa renuncia debido a problemas de saúde no seu entorno familiar en Arxentina.

 A nova xerente asume esta responsabilidade cun profundo coñecemento do proxecto e do equipo que o leva a cabo xa que ata agora ocupaba o cargo de directora Económico-Financeira da Fundación Cidade da Cultura de Galicia. O seu nomeamento supón unha aposta por seguir avanzando nas liñas de traballo en marcha de cara á nova etapa que comenza na Cidade da Cultura de Galicia coa posta en marcha do Arquivo e da Biblioteca de Galicia, os dous primeiros edificios rematados.

 Beatriz González Loroño  (1966, Vilaxoán, Vilagarcía) é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago e funcionaria do Corpo Superior da Xunta dende 1993.  Na Administración autonómica ocupou postos de responsabilidade en diferentes ámbitos: xefa de servizo de Contratación e Obras da Consellería de Traballo e Servizos Sociais, directora técnica de Administración e Fomento do Instituto Galego da Vivenda e Solo, xefa de servizo de Programación, Xestión de Inversións e Apoio Administrativo do Instituto Galego de Vivenda e Solo, membro do Consello de Administración de Xestur-Pontevedra ou xefa do servizo de Xestión (Obras) da División de Recursos Económicos do Sergas.

Ao longo da sua carreira desenvolveu tamén responsabilidades políticas no ámbito local e autonómico, como concelleira de Vilagarcía da Arousa en diferentes períodos e como deputada autonómica entre os anos 2001 e 2005.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s