Feijóo anuncia nuevos incentivos fiscales en los presupuestos de la Xunta

O titular do Goberno galego, que pronunciou, esta tarde, unha conferencia no Círculo de Economía de Barcelona, afirma que os presupostos de 2011 incluirán unha dedución no IRPF pola adquisición de accións e participacións sociais que pode alcanzar o 20% do aportado; e a fin de que as empresas de mediano tamaño poidan capitalizarse con máis facilidade se aplicará outra dedución pola inversión en accións de sociedades que coticen no Mercado Alternativo Bursátil

El titular del gobierno gallego anuncia que los presupuestos de 2011 incluirán una deducción en el IRPF por la adquisición de acciones y participaciones sociales que puede llegar hasta el 20% de lo aportado; y con el fin de que las empresas de mediano tamaño puedan capitalizarse con más facilidad se aplicará otra deducción a la inversión en acciones de sociedades que coticen en el mercado alternativo bursátil

FEIJÓO AVANZA QUE OS ORZAMENTOS DA XUNTA INCLUIRÁN NOVOS INCENTIVOS FISCAIS PARA QUE GALICIA CAPITALICE E CAPTE EMPRESAS E INVESTIMENTOS

Feijóo adelanta que los presupuestos de la Xunta incluirán nuevos incentivos fiscales para que Galicia capitalice y capte empresas e inversiones

  • Destaca que a Xunta conseguiu que a liquidación orzamentaria de 2009 cumprira os obxectivos de estabilidade presupostaria, e garante que “volveremos ao peche do exercicio 2010 a cumprir cos obxectivos de estabilidade orzamentaria para que os mercados sigan vendo en nós unha comunidade crible, solvente e fiable” – Subraya que la Xunta consiguió los objetivos de estabilidad presupuestaria en la liquidación de presupuestos de 2009, y que volverán a hacerlo en 2010
  • Reitera que o Executivo galego seguirá insistindo en que Galicia non teña que realizar ningunha devolución de débeda ata que recupere a senda do crecemento económico e a creación de emprego; “as comunidades non podemos pagar as malas contas do Estado” – Galicia seguirá insistiendo en no devolver deuda hasta que recupere la senda de crecimiento económico y creación de empleo
  • Subliña a “obsesión” do Goberno galego por pagar o máis rápido posible aos seus provedores, e di que os tempos medios de pago aos provedores se sitúan, hoxe, en 25 días de media, “converténdonos na comunidade con menores tempos de pago de toda España” – Califica de “obsesión” del gobierno gallego la de pagar lo más rápido posible a sus proveedores. Actualmente el tiempo medio de pago se sitúa en 25 días.
  • Sostén que o principal factor de risco para unha economía, é “un Goberno imprevisible empeñado en despistar aos seus propios cidadáns”; e alerta do perigo que supón utilizar ás comunidades como “unha sorte de pararraios do Goberno central” – Sostiene que el principal factor de riesgo para una economía es “un gobierno (central) imprevisible empeñado en despistar a sus propios ciudadanos”.
  • Garante que os presupostos de 2011 non estarán sometidos a decisións erráticas, “senón a prioridades inamovibles que garantan a Galicia única que nos marcamos como obxectivo ao inicio da lexislatura: a blindaxe dos servizos públicos, evitar o desplome da inversión, e apoiar a actividade empresarial para facilitar a reactivación económica” – Garantiza que los presupuestos de 2011 no estarán sometidos a decisiones erráticas, sino que serán “prioridades inamovibles”: blindaje de los servicios públicos, evitar el desplome de la inversión, y apoyar la actividad empresarial para facilitar la reactivación económica.
  • Refírese ao éxito do Xacobeo, á fusión das caixas de aforro e ao acordo do diálogo social como tres situacións nas que rexe a planificación, está presente o rigor e actúa como motor unha idea consistente de Galicia –Se refiere al éxito del Xacobeo, la fusión de las cajas de ahorro y al acuerdo de diálogo social como los tres motores para la consistencia de Galicia.

Barcelona, 5 de outubro de 2010.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, afirmou, hoxe, que os orzamentos autonómicos de 2011 incluirán novos incentivos fiscais para que Galicia capitalice e capte empresas e investimentos. Neste sentido, avanzou que o Goberno galego fomentará a capitalización das empresas galegas mediante unha dedución no IRPF pola adquisición de accións e participacións sociais que pode alcanzar o 20% do aportado.

 Así mesmo, afirmou que se aplicará outra dedución pola inversión en accións de sociedades que coticen no Mercado Alternativo Bursátil, a fin de que as empresas de mediano tamaño podan capitalizarse con máis facilidade.

 O responsable do Goberno galego afirmou que o principal factor de risco para unha economía, é “un Goberno imprevisible empeñado en despistar aos seus propios cidadáns; e neste caso –dixo en alusión ao Goberno de Zapatero- tamén para todo un entramado autonómico que ve cómo os mecanismos de financiamento se incumpren sistematicamente”. 

 Parafraseando ao vicepresidente da Ecole d’Economie de Paris, Daniel Cohen, afirmou que “o Executivo actúa primeiro e non comprende despois”; e alertou do perigo que supón utilizar ás comunidades autónomas como “unha sorte de pararraios do Goberno central”.

 “Como autonomista, non eludo a responsabilidade das autonomías nin avogo por unhas administracións autonómicas sumidas na irresponsabilidade. Todo o contrario. Reivindico unha maior participación das nosas comunidades nas políticas de Estado, e boto de menos un Goberno que nos teña en conta á hora de elaborar as grandes directrices nacionais”, aseverou.

 Rigor, prudencia, eficiencia e austeridade

Ao longo da súa intervención, Feijóo lembrou que a súa chegada á Xunta, o novo Executivo atopouse “cun presuposto de ingresos totalmente irreais e inalcanzable, tendo que recortar gastos na contía destes ingresos inflados, debendo diferenciar entre o gasto superfluo do necesario e que realmente axuda a crear riqueza”.

 Deste xeito, e aplicando os principios de rigor, prudencia, eficiencia e austeridade, explicou que o Goberno galego conseguiu que a liquidación orzamentaria de 2009, incluso unha vez aplicados os axustes de contabilidade nacional, cumprira os obxectivos de estabilidade presupostaria, ao non superar o déficit do 1%.

 “Fomos das poucas comunidades que cumpriu o obxectivo; e o presuposto de 2010 deseñouse e se está executando baixo estes mesmos parámetros, co que a liquidación que presentaremos cumprirá tamén o déficit acordado no Consejo de Política Fiscal y Financiera”.

 Feijóo subliñou, tamén, a “obsesión” do Goberno galego por pagar o máis rápido posible aos seus provedores, “xa que de nada serve establecer as máis xenerosas políticas de incentivo empresarial as nosas Pimes se despois as asfixiamos financeiramente retrasando os pagos que debe facer a Xunta”.

 O sistema de presentación electrónica de facturas e a posta en funcionamento dun sistema informático de control de tramitación fan que os tempos medios de pago aos provedores se sitúen hoxe en 25 días de media, “converténdonos –dixo- na comunidade con menores tempos de pago de toda España”.

 Diante deste panorama, Feijóo afirmou que “os principios de austeridade e prudencia financeira na nosa xestión nos permiten ter un nome recoñecido e demandado polos inversores e entidades financeiras, o que, ao cabo, redunda en custes financeiros inferiores á media de comunidades”.

 As comunidades non poden pagar as malas contas do Estado

Feijóo incidiu en que a verdade das contas públicas de 2011 se resume en que, “lamentablemente, o Goberno central decidiu actuar con Galicia do mesmo xeito que o fará coas comunidades que non sanearon as súas contas; e desde logo, de forma moito máis severa que fará consigo mesmo”.

 Ademais de facer recortes importantes –Plan de Vivenda, Fondo de Compensación Interterritorial…- Feijóo lembrou que o Goberno central impón unha menor capacidade para acudir á débeda pública. “Dito en termos cuantitativos, 803 millóns  de euros menos na nosa capacidade de endebedamento para o vindeiro exercicio 2011. E hai outros dous aspectos que condicionan os presupostos: os case 2.600 millóns de euros que o Estado transferiu de forma irreal a Galicia nos presupostos de 2008 e 2009; e que agora nos obriga a devolver entre 2011 e 2016. E, en segundo lugar, os máis de 200 millóns de euros que decidiron restar á comunidade autónoma do Fondo de Cooperación, incumprindo o seu propio sistema de financiamento autonómico”.

 Diante desta situación, reiterou que o Goberno galego seguirá insistindo en que, Galicia non teña que realizar ningunha devolución de débeda ata que recupere a senda do crecemento económico e a creación de emprego. “Seguiremos insistindo en ampliar o período de pago, para que non teñamos que pagar en 5 anos o que o Goberno devolverá en 15. Seguiremos insistindo en que debemos recibir o Fondo de Cooperación, porque así o recolle o modelo de financiamento. E seguiremos insistindo, en definitiva, en que a responsabilidade da situación económica non é deslocalizable: as comunidades non podemos pagar as malas contas do Estado”.

 Unha Comunidade crible, solvente e fiable

No tocante ao principio da certeza, garantiu que o vindeiro ano completarase o programa de austeridade posto en marcha coa aplicación, por exemplo, do Plan de Racionalización da Administración paralela para buscar as máximas eficiencias.

 “É unha certeza aprobar un Plan Estratéxico que dá sentido e xustificación a todas as inversións ata 2014 e que deseña un novo modelo presupostario para que cada euro público que se invista, teña un resultado concreto, un beneficio para a sociedade. E porque queremos dar certezas, -engadiu- Galicia seguirá pagando en tempo e forma; e volveremos ao peche do exercicio 2010 a cumprir cos obxectivos de estabilidade orzamentaria para que os mercados sigan vendo en nós unha comunidade crible, solvente e fiable”.

 Así mesmo, afirmou que os presupostos do próximo ano non estarán sometidos a decisións erráticas, “senón a prioridades inamovibles que garantan a Galicia única que nos marcamos como obxectivo ao inicio da lexislatura: a blindaxe dos servizos públicos, evitar o desplome da inversión, e apoiar a actividade empresarial para facilitar a reactivación económica”.

 Fronte a estas medidas, Feijóo resaltou que, pola contra, “é unha improvisación engordar a débeda pública con 8.000 millóns de euros para o Plan E, sen ter en conta as necesidades reais dos concellos; é mera política de xestos tratar de demostrar austeridade reducindo apenas unha trintena de altos cargos mentres se multiplica o gasto burocrático coa creación, por exemplo, de ministerios prescindibles ou de vicepresidencias sen competencias aparentes; e é unha política económica inconsistente anunciar cheques-bebé ou 400 euros para todos e retiralos no curso seguinte, restar capacidade de endebedamento aos concellos e desbloqueala pouco despois ou abrir, pechar e volver abrir o debate sobre o futuro das pensións”.

 Xacobeo, caixas de aforro e diálogo social

O presidente da Xunta referiuse ao éxito do Xacobeo, á fusión das caixas de aforro e ao acordo do diálogo social entre a Xunta, a patronal e os sindicatos, como tres situacións nas que rexe a planificación, está presente o rigor e actúa como motor unha idea consistente de Galicia, “fronte a improvisación e incluso a frivolidade con que se xestionan as contas públicas do Estado”.

 No tocante ao Xacobeo, subliñou que, a pesar dos condicionantes que plantexa a crise, “as cifras indican que este Ano Santo está sendo un dos nosos grandes motores económicos” e remarcou que “se mobilizaron recursos, se modernizaron estruturas, fíxose unha programación que combina sen interferencias o sagrado co profano. O noso Goberno esforzouse por comprometer a toda a sociedade galega, e a sociedade galega respondeu con xenerosidade e creatividade”.

 A clave do desenlace da fusión das caixas atópase, segundo Feijóo, no cambio cultural, experimentado por Galicia nos últimos anos. “Os mesmos incrédulos do Ano Santo puxeron en dúbida a capacidade dos galegos para culminar a gran fusión das nosas caixas de aforro. Durante todo o proceso insistimos nun binomio que combinaba solvencia e galeguidade. Nin queríamos unha nova caixa afectada de dúbidas de insolvencia, nin tampouco unha solvencia gañada a costa do enraizamento galaico da entidade. Todos os actores participantes na operación notaron un clamor de unidade que proviña da sociedade galega”. 

Un comentario sobre “Feijóo anuncia nuevos incentivos fiscales en los presupuestos de la Xunta

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s